Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo celebra o 30º aniversario de Mofa e Befa coa estrea absoluta de "Pirolíticos", unha exposición e un mural

Esta fin de semana tamén tivo lugar no marco do FIOT31 unha emotiva homenaxe a Pedro Brandariz

Luns 3 de outubro do 2022 Cultura

Participantes na homenaxe a Pedro Brandariz

Participantes na homenaxe a Pedro Brandariz

O sábado vivimos unha noite moi emotiva coa homenaxe a Pedro Brandariz. Na gala, conducida por Isabel Risco e Fran Rei, tivemos actuacións de moitos dos seus amigos da cultura. As fillas de Portaberta fixeron un espectáculo de danza; Antón Reixa, un recital poético; a improvisación chegou con Izquierdo Sisters e con Marta Iglesias, Tito Rober e Víctor Grande; Caxoto lembrou unha anécdota de Pedro… 

Tamén vimos un breve documental sobre a webserie Mataría, dirixida por Javi Sega. E houbo música con Pablo Díaz e mesmo con Diana Sieira. Como dixo ela: “Sempre teremos na memoria a Pedro porque somos de Carballo”. 

Presentación da estrea absoluta de

Presentación da estrea absoluta de "Pirolíticos"

E como somos de Carballo, este ano tamén queremos estar con Mofa e Befa no seu 30º aniversario. Celebrarémolo neste FIOT coa estrea absoluta de Pirolíticos, unha exposición e un mural que xa leva moi avanzado Yoseba M.P. 

Así vai o mural que está pintando Yoseba M.P.

Así vai o mural que está pintando Yoseba M.P.

Este luns presentamos no Pazo da Cultura o espectáculo Pirolíticos, de Mofa e Befa e coproducido polo FIOT. Víctor Mosqueira e Evaristo Calvo volven ao festival cunha divertida comedia que non perde a esencia do seu dúo artístico. Iso si, unha temática moi diferente: o feminismo e o impacto do patriarcado.

"O espectáculo está feito con forza e coa crenza de que o feminismo levará o mundo a ser mellor para mulleres e homes”, afirmou Evaristo Calvo na presentación, na que estivo acompañado polo concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; o presidente da asociación cultural Telón e Aparte, e o director da Agadic, Jacobo Sutil. E tamén por Clara Gayo, directora e coautora do texto xunto a María Lado e Lucía Aldao, quen destacou que "foi un reto escribir sobre feminismo para dous homes. E tamén que a peza non perdera o espírito Mofa e Befa".

Se ti tes tantas ganas de ver o resultado coma nós, esta finde temos a estrea absoluta no #FIOT31.

Compartir: