Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Centro de arte contemporánea Manuel Facal terá a súa sede no número 38 da rúa do Sol de Carballo

Venres 16 de setembro do 2022 Cultura

A sede estará situada no edificio do centro

A sede estará situada no edificio do centro

A sede do Centro de arte contemporánea Manuel Facal estará situado no número 38 da céntrica rúa do Sol. Trátase dun edificio propiedade da familia, construído nos anos cincuenta, obra do arquitecto Antonio Vicéns Moltó, que conta con catro plantas (soto, baixo, primeira e segunda), cunha superficie total de máis de seiscentos metros cadrados, ademais duns xardíns na parte posterior do inmoble que completan e amplían o museo ao aire libre noutros cincocentos metros cadrados e que permiten un segundo acceso desde a rúa San Paio.

Neste espazo, xunto coa exposición permanente da obra de Manuel Facal, será posible dialogar con obras doutros artistas e disciplinas grazas á colaboración con outros axentes culturais, institucións e persoas relacionadas co ámbito cultural, social e científico.

O Centro de arte contemporánea Manuel Facal servirá para transmitir, por unha banda, a conservación dunha das mellores obras artísticas desenvolvidas en Galicia nas últimas décadas, así como para axudar na documentación e estudo da súa obra. Tamén quere ser un lugar esencial para a arte, non só galega senón tamén internacional, incluíndo deseño, ilustración, gravados, escenografías, colaboración en cartafoles e libros de numerosos escritores, mostrando, doutra banda, o espazo de comuñón e os símbolos propios que xa atopou a xeración do Grupo Atlántica mentres exploraba todas as posibilidades conceptuais, técnicas e formais do seu tempo.

Recreación da solución arquitectónica proposta

Recreación da solución arquitectónica proposta

A Fundación que xestionará o centro terá como obxectivos a conservación, a difusión e o estudo da obra do artista Manuel Facal, pero tamén se marca como propósito a convocatoria de cursos, talleres, seminarios, simposios e conferencias sobre arte contemporánea, ademais de poñer ao dispor dos/as investigadores/as as coleccións culturais, bibliográficas, artísticas e documentais que constitúen o patrimonio da Fundación.

A Fundación Manuel Facal solicitou a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Galicia e a súa declaración como Fundación de Interese Galego o pasado 8 de setembro, e está á espera da oportuna resolución por parte do Protectorado de Fundacións de Galicia. Grazas a este proxecto, Carballo converterase en lugar de referencia da arte contemporánea nacional e internacional.

Compartir: