Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Andrés Urbieta, Nerea Barrientos, Nerea Vilariño e Viki Rivadulla collen o relevo de Derrubando Muros con Pintura este verán

Ademais, do 16 ao 27 de agosto desenvolveranse unha serie de actividades paralelas nas que ti tamén podes participar. Inscríbete!

Luns 15 de agosto do 2022

O alcalde e o concelleiro de Turismo, coas artistas

O alcalde e o concelleiro de Turismo, coas artistas

Este mes de agosto volve unha iniciativa que na súa primeira edición tivo moi boa acollida e que seguro que nesta nova andaina seguirá o seu exitoso camiño: Derrubando Muros con Pintura – Edición Verán. Trátase dun espazo no que acoller ás e aos artistas locais de Carballo e a Costa da Morte para que creen novas obras de arte nos muros da localidade.

Esta vez serán Andrés Urbieta, Nerea Barrientos, Nerea Vilariño e Viki Rivadulla as encargadas de aumentar a nosa xa extensa colección de arte urbana, sumándose a Nazaret Franco, Tucho, Nere Rama e Isa Bermúdez que foron os pioneiros en 2021 nesta edición estival do noso programa de arte pública.

Este ano todos os murais estarán situados na contorna do Parque Rego da Balsa e a antiga estación de autobuses.

  • Andrés Urbieta. Pintará na rúa Pontevedra. Carballés, estudante de Belas Artes, leva desde moi pequeno vinculado ao mundo da pintura, participando en varios concursos, colaborando con academias ou mesmo participando nalgunha exposición.
  • Nerea Barrientos. Pintará na rúa Arzebispo Romero de Lema. Esta vimiancesa é Técnica Superior en dourado, prateado e policromía. A pesar de ser moi nova, realizou xa varios murais, ademais de colaborar na organización do Rexenera Fest nalgunha ocasión.
  • Nerea Vilariño. Pintará na rúa Pontevedra. Esta carballesa é unha apaixonada da ilustración. Na actualidade estuda na EASD Pablo Picasso da Coruña e, dado o nova que é, con tan só 20 anos, ela mesma admite que está a construír o seu propio estilo. Este ano foi a responsable de crear o cartel das Festas de San Xoán de Carballo.
  • Viki Rivadulla. Pintará na rúa Pontevedra. Naceu na Coruña pero vive en Muxía e a súa obra artística está moi ligada ao territorio no que vive, a Costa da Morte. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela, é unha pintora e escultora autodidacta, ademais de artesá e ilustradora ocasional. O mar e a cultura mariñeira, así como as mulleres, adoitan ser as protagonistas da súa obra.

Abertas as inscricións para as actividades paralelas

Ademais de ter a oportunidade de ver a estes novos creadores e creadoras pintar en directo mentres constrúen as súas obras, durante estes doce días de pintura tamén haberá outras actividades organizadas ao redor da arte e a cultura urbana: charlas, talleres, concertos… Todas as actividades son de acceso gratuíto para quen desexe asistir.

  • No que respecta aos talleres, haberá dúas opcións:
    • Obradoiro de iniciación ao muralismoEstá coordinado por Isa Bermúdez, participante de Derrubando Muros – Edición Verán en 2021 e creadora do mural HerdanzaSerá o martes 23 de agosto de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h. e o mércores 24 de 10.00 a 13.30 h. Está dirixido a maiores de 18 anos e conta con prazas  limitadas. Admitirase aos participantes por estrita  orde de inscrición.
    • Obradoiros de Parkour e de Basket Shoot. Serán dous talleres o sábado 27 de agosto de 17.00 a 20.00 h. nun dos aparcamentos situados á beira do Parque Rego da Balsa. No caso do de Parkour  a idade mínima para participar son 10 anos e é necesaria inscrición previa. No caso do de Basket é para maiores de 8 anos e non é necesaria inscrición. As nenas e nenos poderán participar por orde  de chegada.

Festa de peche o sábado 27 de agosto

  • 20. 00 hEncontro cos e coas artistas participantes moderado polo Concelleiro de Turismo Xosé Regueira.
  • 20. 30 h. Monólogo de Uxía. Esta carballesa di de si mesma que é «actriz, modelo, camareira, profe, secretaria, comercial, técnica de recursos humanos, e moitas outras cousas que aínda me quedan por descubrir».  Asegura que é «tan de Camarón da Isla, como de Jorge Drexler, como de Baiuca. Non son cantareira, nin bailo flamenco. Flípame o gazpacho e o caldo galego na mesma proporción». O seu humor animará o peche desta edición de Derrubando Muros.
  • 21. 30 h. Concerto de Quercus Blues. Este grupo carballés non necesita presentación. Acaban de estrear o seu LP InsomMiblues e caracterízanse por ofrecer música blues, soul, rock, pop e tamén de jazz.
  • 22. 30 h. Concerto de Ambigüo. Son un grupo de Indie-rock, fincado na Laracha formado no 2017 por músicos que beben de moi diferentes estilos. O seu primeiro EP, presentado en marzo de 2019, estivo seis meses no top ten da revista Mondo Sonoro arrincando no décimo posto e conseguindo o cuarto. Despois do parón forzoso pola pandemia, están de volta e dispostos a compartir, tanto os temas do EP, como unha gran parte dos que darán forma a   o seu próximo traballo.

E sorteo de premios!

E ademais de todo isto, ao longo de Derrubando  Muros – Edición Veránentre o 16 e o 27 de agosto, podedes participar nun sorteo e gañar premios directos. Estade atentos e atentas ás redes sociais de Derrubando Muros con pintura, porque tan só con participar xa gañaredes un caderno ilustrado cun dos murais de Carballo; e ademais, entraredes no sorteo de dúas tablets Huawei. Aquí vos deixamos as redes sociais para que nos sigades e participedes:

Aquí tendes as bases:

Compartir: