Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Colectivo Glovo inaugura a 20a edición de Primavera enDanza, que tamén inclúe encontros con creadores e intérpretes

Xoves 21 de abril do 2022

Carballo volve a situarse na vangarda da cultura galega grazas a Primavera enDanza, un programa excepcional en Galicia que ofrece unha ampla perspectiva de calidade da danza contemporánea de dentro e fóra da nosa comunidade autónoma. O público poderá desfrutar non só dos espectáculos, senón tamén dos encontros cos creadores e intérpretes que pasarán por Carballo do 22 de abril ao 8 de maio.

Comezamos este venres 22 con Colectivo Glovo, que actuará por primeira vez no Pazo da Cultura, presentará EM-NA o día 22. O 23 visitaranos a compañía de Fran Sieira co espectáculo DeMente, que pretende dar visibilidade ás enfermidades mentais, como explicou o seu director e intérprete. Tamén dende Galicia chega unha importante e interesante proposta que mestura tradición e danza contemporánea grazas ao tándem creado por Janet Novás e Mercedes Peón, ás que teremos en Carballo o día 30.

E xa no mes de maio chegarán as propostas doutros puntos da península. A alicantina OtraDanza, que xa estivo en Carballo en edicións anteriores, traeranos nesta ocasión o espectáculo Vigor mortis. E pecharemos o ciclo coa compañía granadina DA.TE Danza e o espectáculo infantil e familiar Natanam, co que conseguiu o Premio Feten ao achegamento da danza á primeira infancia 2021.

As entradas para todos os espectáculos están á venda en www.ataquilla.com.

Ademais, Primavera enDanza permitiranos achegarnos tamén á danza contemporánea  a través de encontros cos creadores e intérpretes ao remate das seguintes funcións: 

  • Venres 22 de abril con Colectivo Glovo
  • Sábado 23 de abril con Fran Sieira
  • Venres 6 de maio con Asun Noales

Compartir: