Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Día de Rosalía encheu a rúa de música e literatura

Quercus Blues interpretou tres poemas da autora, un deles dedicado a Pedro Luis Fernández Pombo

Xoves 24 de febreiro do 2022

Este ano quixemos poñerlle voz e música ao Día de Rosalía. E, así, malia as baixas temperaturas, o acto público convocado pola Concellaría de Normalización Lingüística converteuse nunha homenaxe interxeracional e moi concorrida a unha figura clave das nosas letras.

Carballeses e carballesas de diferentes idades participaron na lectura pública das obras de Rosalía de Castro, que abriu a concelleira Maruxa Suárez tras reivindicar a literatura feminina: “Animade ás familias a ler, e animade a ler en feminino, que o masculino xa vén só!”.

Pero, ademais da lectura, os versos da autora encheron os tres temas que interpretou o dúo local Quercus Blues, que comezou cunha selección dos versos máis coñecidos de Rosalía, continuou cunha versión propia do poema Mais ó que ben quixo un día e rematou con Un repoludo gaiteiro, que Huguette Periscal e Andrés Rey quixeron dedicar a Pedro Luis Fernández Pombo, “o gaiteiro máis grande que deu Carballo”.

A ilustración de Rosalía de Castro realizada polo artista carballés Mon Lendoiro para o Concello de Carballo presidiu a homenaxe dende o lateral das antigas escolas do Xardín, onde permanece, e tamén dende as solapas das persoas asistentes, grazas ás chapas de tamaño XXL que se repartiron no acto e tamén, durante todo o día, nas dúas bibliotecas municipais.

Compartir: