BOTA UNHA OLLADA Á PROGRAMACIÓN!
Animación de rúa, obradoiros infantís e moita participación para encher co espírito do Entroido as rúas e as redes
Martes 22 de febreiro do 2022 Cultura
Este ano non haberá concurso, pero queremos que os disfraces enchan as nosas rúas e as nosas redes sociais co espírito do Entroido. Dende a Concellaría de Cultura apostamos por unhas festas baseadas na animación de rúa e na participación, sempre cumprindo coas medidas establecidas polas autoridades sanitarias, e por iso os grandes protagonistas deste Entroido, ademais dos vosos disfraces, serán a música e as actividades infantís.
Este é o plan:
Venres 25
-18.30 horas
Actuación e pasarrúas da Charanga Santa Compaña
-20.30 horas
Proxección do monólogo “Aquí tou!”, de Xosé A. Touriñán, na Biblioteca Rego da Balsa. Colaboran a Deputación da Coruña e R. Poderás divertirte dun espectáculo de humor a través dos códigos propios do cine, realizado con varias cámaras e unha coidada dirección de arte e fotografía.
Sábado 26
-12.00 horas
Actuación de pasarrúas da Charanga Santa Compaña
Domingo 27
-17.00 horas
Actuación e pasarrúas da Charanga BB+
Luns 28
-11.00 a 13.00 horas
Obradoiros de Entroido na Biblioteca Rego da Balsa: “Mural das choqueiradas”
-17.00 a 20.00 horas
Obradoiros de Entroido na Biblioteca Rego da Balsa: “Psicodélicas lentes xigantes”
Ámbolos dous con inscrición previa.
Martes 1
-17.00 horas
Pasarrúas circense Cía Moc Moc
-18.00 horas
Actuación e pasarrúas da Charanga Santa Compaña
-19.30 horas
Enterro da Sardiña no palco da música do Parque do Anllóns, cos grupos de teatro de Vagalume Animación
Sábado 5
-20.00 horas
Festival con actuación infantil das “Tanchugeiras de Cances” e baile con Rocío Pérez. Centro Social de Cances. Organiza: Asociación Cultural San Campio
Dende a Concellaría de Cultura queremos animarvos a participar en todas estas actividades e, sobre todo, a manter moi vivo o espírito do Entroido cos vosos disfraces. E animais poderedes compartilos, un ano máis, nas nosas redes sociais. Tanto en Facebook coma en Instagram deberedes utilizar o cancelo #EntroidoCarballo e etiquetar, respectivamente, as contas @CulturaCarballo e @carballomola. A vosa participación terá premio!