Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo renova a súa participación no programa de Residencias Paraíso para impulsar a danza contemporánea en Galicia

Aberta a convocatoria da sexta edición para un máximo de 8 proxectos cun importe total de 20.000 euros

Luns 7 de febreiro do 2022

Por sexto ano consecutivo ábrese a convocatoria de Residencias Paraíso, o programa de residencias artísticas para a danza e as artes vivas impulsado polo Colectivo RPM, como entidade independente adicada ao impulso da danza e a creación contemporánea en Galicia, e o apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións co-produtoras do programa: Concello de Santiago, Concello da Coruña, Concello de Lugo, Concello de Ferrol, Concello de de Carballo, Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia e Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

Residencias Paraíso pretende fomentar a aparición de novos proxectos de investigación e creación arredor das novas linguaxes contemporáneas, alimentando o campo de acción da comunidade artística do noso territorio, ó mesmo tempo que pretende normalizar o concepto de residencia artística, fundamental para o presente e o futuro das políticas culturais en Galicia.

A edición do programa 2022 diríxese a artistas de Galicia e do resto da península ibérica (incluindo Portugal),  e acollerá ata 8 proxectos en residencia cun importe total de 20.000 €. Cada residencia terá unha duración de 2 a 3 semanas nun dos espazos colaboradores, que pola diferente tipoloxía favorecen o traballo das diversas fases dun proxecto artístico, dende a investigación, a escritura, o traballo dramatúrxico o a creación coreográfica, ata residencias de carácter técnico.

O encontro anual de Residencias Paraíso celebrarase por segunda vez na Illa de San Simón

O encontro anual de Residencias Paraíso celebrarase por segunda vez na Illa de San Simón

O encontro anual de Residencias Paraíso celebrarase, por segunda vez, na Illa de San Simón os días 23, 24 e 25 de setembro de 2022. O encontro contará coa presenza do grupo de artistas residentes 2022 e doutras persoas convidadas. Compartiranse as claves de cada experiencia en residencia e reflexionarase de forma conxunta sobre temas transversais á nosa comunidade.

Un ano máis tamén terá lugar “Cruceiros Paraíso” un capítulo expandido do programa de Residencias Paraíso que sirve para tecer pontes con outros contextos e seguir brindando apoio ao tecido artístico galego ao longo do ano, máis alá da convocatoria anual. Nesta ocasión grazas a colaboración co Auditorio de Galicia como institución co-produtora do programa, organizaranse dúas xornadas específicas o 7 e 8 de maio de 2022.

A convocatoria Residencias Paraíso 2022 estará aberta entre o 7 e o 28 de febreiro de 2022, e a selección final farase pública a finais do mes de marzo na web do Colectivo RPM.

Ligazóns

Compartir: