Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Os Reis Magos percorrerán entre hoxe e mañá distintas parroquias do noso concello

Aproveita o último día para pedir unha recepción virtual con Melchor, Gaspar e Baltasar

Mércores 5 de xaneiro do 2022

Melchor, Gaspar e Baltasar, paseando por unha das sendas ciclo-peonís de Carballo

Melchor, Gaspar e Baltasar, paseando por unha das sendas ciclo-peonís de Carballo

Ademais da cabalgata que percorrerá a partir das 17.30 horas de hoxe os distintos barrios urbanos de Carballo, e que poderás seguir dende calquera lugar do mundo en streaming, os Reis Magos, que xa están no noso concello, acudirán a todos estes outros lugares convidados polas asociacións culturais e veciñais de distintas parroquias e coa colaboración do Concello:

  • ARDAÑA. Hoxe mércores, a partir das 16.30 h, haberá cabalgata dende o centro social polos lugares de Quintáns, Barreiro, Igrexa, Estévez, San Mamede, Noví, A Cesta, Gontade, A Colina, Santa María e regreso ao centro social. 
  • SOFÁN. Mañá, día 6, a partir das 09.00 h, por Calvelo, Pedreira, Vilar, O Río, Tarambollo, Freixal, Cobas, Ribeiriña, Ramiscosa, Carrís, Prearada, Bouzas, Monelos, Troián, Guitoi, As Maroas, A Piña, Braille, Evas, Sinande, Carracha, Zamallo, A Pedra, A Igrexa, Sofandónigo, Tapia, Periscal, Lagarteira, Guntián, Seixal e Campos de Bolón.
  • LEMA. Tamén o día 6, a partir das 10.30 h, cun percorrido por toda a parroquia.

Ademais, para mañá están previstas recepcións de Melchor, Gaspar e Baltasar aos nenos e nenas nestes puntos:

  • CANCES, á hora da misa
  • ENTRECRUCES, ás 09.00 na igrexa
  • A BREA, ás 10.00h na igrexa

E lembra que hoxe aínda podes pedir, dende calquera lugar do noso concello, unha recepción virtual cos Reis Magos pinchando aquí: https://carballoenrede.com/MensaxeReisMagos/

Ligazóns

Compartir: