Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Unha conferencia do historiador da arte Felipe Senén López abrirá a exposición "Facer Camiño" no Pazo da Cultura

O presidente da Real Academia de Belas Artes e o alcalde de Carballo inaugurarán a mostra o mércores 22 ás 19.30 horas

Sábado 18 de decembro do 2021 Cultura

O Nadal en Carballo é arte. Arte asinada en letras maiúsculas por Manuel Buciños, Ignacio Basallo, Xosé Díaz, Menchu Lamas, Xurxo Lobato, Acisclo Manzano, Din Matamoro, Manolo Paz, Soledad Penalta, Manuel Quintana Martelo, Rafael Úbeda e Miguel Anxo Prado, 12 dos creadores máis importantes de Galicia que unen as súas obras na exposición “Facer Camiño”.

A mostra itinerante chegará a Carballo o día 22, e con ela virá o presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, que inaugurará a exposición acompañado polo alcalde, Evencio Ferrero. O acto, de acceso libre e de balde ata completar aforo, celebrarase ás 19.30 horas no 3º andar do Pazo da Cultura. O acto de apertura completarase cunha conferencia do historiador da arte e académico Felipe Senén López Gómez, que falará sobre “O mar, Bergantiños e os camiños de Compostela”.

A exposición “Facer Camiño”, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo, estará aberta no noso concello ata o 24 de xaneiro. O público poderá gozar das 23 pezas que a integran: pinturas, esculturas e fotografías de relevantes artistas galegos, froito dunha escolma realizada pola comisaria da mostra, Asunta Rodríguez, creando un fío condutor a través de citas e referencias a Santiago de Compostela e á peregrinación xacobea de autores coma Dante, Federico García Lorca ou Vicente Risco.

Este Nadal, achégate ao Pazo da Cultura e desfruta da arte de “Facer Camiño”.

Compartir: