Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa convídate a probar o aperitivo cultural do Nadal con máis substancia

O compositor Sergio Moure de Oteyza, que vén de recibir o Premio Especial do Festival Internacional de Cine de Ourense, presentará o día 17 o seu libro autobiográfico “A imaxe sonora”

Martes 30 de novembro do 2021

A Concellaría de Cultura quere que empeces a saborear a programación do Nadal, de xeito que dende o 1 ata o 17 de decembro converteremos a Biblioteca Rego da Balsa nun “restaurante cultural” no que iremos servindo en pequenas doses, a modo de “pincho”, distintos aperitivos con moita substancia que van satisfacer os padais máis esixentes.

Arrincaremos o primeiro día do mes coas “Aventuras na cociña” de TrinkeTrinke Teatro, un espectáculo para nenas e nenos de 4 a 8 anos que pretende introducilos nos hábitos de alimentación máis saudables. Como é habitual, os Ratos de Lonxedetodo ofrecerán dúas funcións, ás 17.00 e ás 18.30 horas, e se non puideches reservar a túa entrada a tempo, poderás velas por streaming a través das redes sociais do Concello de Carballo e da propia Biblioteca Rego da Balsa.

O 2 de decembro convidámoste a unha tarde poética. O escritor carballés Raúl G. Herrera presentará ás 19.00 horas a súa obra “Além do tempo dos reloxios” e deleitaranos cun recital poético.

A biblio tamén será escenario do festival IncluSON, que organiza a Asociación Aloumiños, e que este ano ofrécenos un espectáculo moi doce, “Di e os amorodos”, especialmente indicado para nenas e nenos a partir dos 4 anos. Será o sábado 4 ás 11.00 horas, e, como en todas as actividades infantís que se desenvolven na Biblioteca Rego da Balsa, para asistir será preciso realizar reserva previa no teléfono 981758580.

Despois da semana da ponte, a protagonista será a música. O día 15 ás 17.00 horas chegará a Carballo o espectáculo musical da Rede Galega de Teatros e Auditorios “A viaxe de Mina”, unha nena diferente cuxa historia permitiranos abordar temas como a igualdade, o respecto e a tolerancia. Jorge Casas e Lorena Hermida protagonizan esta proposta de Maio Creacións, destinada ao público familiar.

E remataremos o día 17, ás 19.30 horas, coa presentación da autobiografía Sergio Moure de Oteyza, “A imaxe sonora”. O compositor carballés, que vén de recibir o Premio Especial do Festival Internacional de Cine de Ourense, reencontrarase coa vila na que pasou a súa infancia nun acto aberto a todo o público ata completar aforo.

Compartir: