Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

"La Reina del pueblo" e "Mataría" conquistan o palmarés da 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay

Belén Puime faise co Premio a mellor proxecto de serie en galego con Pringadas, unha comedia xeracional que se estreará na próxima edición do CIP

Domingo 12 de setembro do 2021

"Mataría" (Foto: Leo López)

A 8ª edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrou dende o mércores en Carballo e na rede, a través do streaming, pechou o telón esta noite coa gala de entrega de premios ás mellores series para web na que triunfaron a revisión post-millennial do costumbrismo castizo en clave de humor La Reina del pueblo e o humor repunante servido en cómodas doses de Mataría.

"La reina del pueblo" (Foto: Leo López)

O xurado composto por David Pareja, Henar Álvarez, Fer Epelde, Sara Varela e David Fidalgo outorgoulle a La reina del pueblo os premios a Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, e mellor guión, para Raúl Navarro, dotado con 200 euros e trofeo. O de Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, foi para Mataría, que tamén recibiu o do Público. O premio para Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, foi para a comedia épica dende o interior dun videoxogo Mortal Glitch e o de Mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders, unha dramedia que desquicia a resistencia social en tempos pandémicos.

O xurado novo, composto por Sara Riveiro, Lúa Pagán e Tania Prieto decidiu outorgar o seu premio, dotado con 400 euros e trofeo, a Psicóticas Inseguras, unha comedia xeracional chilena feminista, subversiva e terapéutica.

PREMIO AO MELLOR PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO

Reunido en Carballo o xurado composto por Lucía Estévez, Javi Camino, Andrea Villa e Xose Regueira decidiu outorgar o Premio ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 3000 euros para a produción dos tres primeiros capítulos, a Pringadas, de Belén Puime, pola necesidade de contidos en galego enfocados á xeración Z, por afondar e conectar coa súa realidade e pola liberdade dunha proposta que fuxe dos estereotipos. A serie estrearase na próxima edición do Carballo Interplay.

PALMARÉS

  • Mellor serie estatal, dotado con 800 euros e trofeo, para La reina del pueblo
  • Mellor serie internacional, dotado con 800 euros e trofeo, para Mortal Glitch. Recolle Bastiaan Manitveld
  • Mellor serie en versión orixinal en galego, dotado con 800 euros e trofeo, para Mataría. Recolle Javier Seoane
  • Premio do xurado novo, dotado con 400 euros e trofeo, para Psicóticas Inseguras. Recolle Pamela Bravo
  • Premio do público, dotado con 400 euros e trofeo, para Mataría
  • Premio a mellor guión, dotado con 200 euros e trofeo, para Raúl Navarro por La reina del pueblo
  • Premio a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, para Beatriz Abad por Riders
  • Premio ao mellor proxecto a serie web en galego para Pringadas, de Belén Puime

Compartir: