Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Humor, series e tecnoloxía de vangarda, na casa e de balde co Carballo Interplay

O Festival de Contidos Dixitais ofrece mañá pola noite o Necroshow de Lorena Iglesias e o Estirando el chicle de Living Postureo e Percebesygrelos a través de Youtube, Facebook e Twitch

Xoves 19 de novembro do 2020 Cultura

Sonia Méndez, directora do festival, e o concelleiro Xosé Regueira, na apertura do CIP

Sonia Méndez, directora do festival, e o concelleiro Xosé Regueira, na apertura do CIP

A VII edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebra esta semana en Internet, ofrece mañá venres un completo programa de actividades con espectáculos de humor, series de todo o mundo e  dúas conversas sobre como pode a tecnoloxía de vangarda axudar a transportar realidades ao mundo dixital neste contexto de distancia social. Todo, de acceso libre e gratuíto a través de YoutubeFacebook e Twitch, "100% dende a túa casa".

O público desta insólita edición do Interplay poderá coñecer de primeira man a proposta cómica da amesá afincada en Madrid Lorena Iglesias, unha actriz, guionista e youtuber marxinal que participa en programas de radio e colabora en eventos feministas e que desenvolve na Academia de Cinema a serie Millennials mal. Mañá venres, ás 23h, o público do Carballo Interplay poderá ver e comentar de xeito libre e gratuíto en Youtube, Facebok e Twitch o seu Necroshow, un show de humor extremo dunha hora de duración con vídeos, música urbana en vivo, ASMR e stand-up que saca o seu nome dunha frase de Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid, sobre a exhumación de Franco.

Un chisco antes, ás 21h30, e nas mesmas plataformas, o Carballo Interplay ofrecerá tamén ao seu público a oportunidade de participar no podcast semanal de Carolina Iglesias e Victoria Martín, Estirando el chicle. Carolina Iglesias é unha guionista, cómica e presentadora coruñesa que se deu a coñecer no Chat de Operación Triunfo e colaborando en Yu (Los 40) e La Hora Yutuber de Vodafone Yu. En internet é Percebesygrelos e esta é a terceira vez que visita o festival, desta volta faino virtualmente e acompañada pola xornalista, guionista e colaboradora de televisión e radio Vitoria Martín de la Cova, co-creadora e presentadora da canle de Youtube Living Postureo e do programa de Flooxer, Neox e Europa FM Problemas del Primer Mundo. Xuntas, analizarán para o público do Interplay as series de televisión que máis impactaron nas súas vidas. E o porqué.

As proxeccións da sección oficial, dende a casa

Fotograma de

Fotograma de "Sopa de limón"

O público do festival poderá ver, por primeira vez, dende a súa casa as 31 webseries de todo o mundo que compiten na sección oficial do Carballo Interplay, coñecer as súas creadoras e creadores e votar a súa favorita para o Premio do Público. O venres ás 18h30 proxectarase en Youtube, Facebook e Twitch o primeiro bloque de series internacionais, con Stu, my name is Stu, Unidad Funcional, Pez Gordo, Captain Penguin, Mina, Subsolo No Grites. E, ás 20h, o primeiro bloque de series do Estado: Les Retrouvailles, Pikuak, No llegamos, Ixa e El Banco. Moita comedia, pero tamén historias con transfondo social, chegadas de distintos puntos do globo e en moitas linguas.

O público que se achegue á Sección Oficial deste VII Carballo Interplay poderá ver varias parodias dun sector audiovisual que se ri de si mesmo e das peripecias que deben atravesar as e os artistas para chegar a conectar co seu público (e para gañar cartos facéndoo!), varias comedias xeracionais, frescas e sen complexos, protagonizadas por mulleres e varias comedias con trasfondo social e/ou con vontade divulgativa. Tamén hai humor repunante, humor negro, humor absurdo e humor triste e viral. E, por suposto, proxectos que atravesan os límites dos xéneros para crear mesturas como a comedia zombie, a crítica cinematográfica gore (e divertida) ou a ficción cómica ao servizo da promoción turística. Tamén hai thriller, terror, drama e varias historias con trasfondo social ou que usan a autoficción como ferramenta para falar do trauma social e íntimo do exilio e da emigración. Como o resto das actividades do festival, o acceso ás proxeccións virtuais é libre e gratuíto.

Tecnoloxía de vangarda para transportar realidades ao mundo dixital

A organización do festival quere aproveitar a ocasión para analizar como as tecnoloxías poden transformar espazos físicos en espazos virtuais, axudándonos a adaptar eventos e a construír ou reconstruír novos mundos. Para facelo, o Interplay volve a mirada cara ás posibilidades creativas que ofrecen os efectos dixitais, a realidade virtual e mixta ou a intelixencia artifical, tanto para a industria audiovisual como para a arte ou o patrimonio cultural. Os especialistas Carlos Seijo (Maxina) e Toño Cabanelas (Liveforevr) explicarán mañá venres ás 11h como en tempos de distancia social, nos que as interaccións están máis que nunca mediadas pola pantalla, as tecnoloxías emerxen para crear novos mundos pero tamén para achegarnos doutro xeito aos mundos que xa coñecemos, nunha actividade que conta coa colaboración da Asociación Galega de Proferionais da Dirección e da Realización (CREA).

Desde a transformación de San Juan de Gaztelugatxe en Rocadragón ata a resurrección de Salvador Dalí ou a asistencia virtual a eventos, Carlos Seijo falará no Carballo Interplay de tecnoloxías emerxentes como o deepfake ou a realidade virtual e mixta, ao tempo que nos presentará varios dos proxectos que creou á fronte do estudio Maxina.

Toño Cabanelas, pola súa banda, presentará o fanzine inmersivo e distópico Liveforevr, que recolle patrimonio cultural en XR (Realidade Extendida) da man dun grupo de creadores e curadores de contidos 3D sobre música, fotografía, cinema, videoxogos e arte. O seu obxectivo é darlle resposta a unha nova xeración de creadores e audiencias que demandan novos medios de expresión dixitais audiovisuais: inmersivos, aumentados, interactivos e accesibles.

Os festivais audiovisuais adáptanse á distancia social

De seguido, ás 12h30, e nas mesmas plataformas, a directora do Carballo Interplay, Sonia Méndez, falará con Ana Domínguez (directora do S8) e Ángel Sánchez (director do Play Doc) sobre as fórmulas aplicadas polos festivais audiovisuais galegos no contexto da pandemia do Coronavirus, como a colaboración con plataformas de streaming, a creación de contidos específicos para a rede ou o deseño de actividades para a súa produción e retransmisión online. Estas novas propostas son conxunturais ou viñeron para quedar? Cara a onde camiña o futuro destes eventos? Que novos formatos de festivais visualizamos para os vindeiros anos? Que aprendemos da experiencia deste ano? Esta conversa, que se poderá ver en streaming, coma o resto das actividades do festival, está organizada en colaboración coa Coordinadora Galega de Festivais de Cinema (Proxecta).

Compartir: