Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

FIOT en pausa pecha unha edición marcada polo regreso seguro ao teatro e aforo completo en case todas as funcións

A organización cualifica de “excelente” a acollida da ficción sonora "A lúa, válvula de spray", coproducida polo FIOT e LIDISS no marco do proxecto FIOT Fónico

Martes 20 de outubro do 2020

Na práctica totalidade das funcións esgotáronse as entradas

Na práctica totalidade das funcións esgotáronse as entradas

O FIOT en pausa bota o pano nunha edición atípica para as artes escénicas, mais marcada polo regreso seguro ao teatro. Centos de persoas puideron gozar con total seguridade, do 9 ao 18 de outubro, das mellores propostas do teatro galego e estatal en Carballo, nun ano no que destacou o apoio á creación do país así como a integración da cultura dixital e audiovisual coa escena.

FIOT en pausa, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo, sumou unha alta porcentaxe de ocupación dos recintos nos que se celebrou, acadando preto dun 100% de asistencia do público sobre os espazos dispoñibles. Nestes recintos, nomeadamente o Pazo da Cultura, Biblioteca Rego da Balsa, Casa do Concello, Ludoteca municipal ou o Salón de Plenos da Casa do Concello, aplicarónse previamente toda unha serie de medidas hixiénico-sanitarias preventivas para garantir o regreso seguro das espectadoras e dos espectadores ao patio de butacas.

En relación á asistencia, a organización destaca unha media de idade moi nova. “O traballo que facemos nestes anos de creación de novos públicos a través do Fiotiño ou o FIOTeen vemos que segue a dar os seus froitos. Este ano nas salas asistiu moita xente moza, o que sen dúbida é un bo sinal á hora de garantir a continuidade e futuro do público de teatro en Carballo”, apunta Alberto Sueiro, director do FIOT. Ao fío, o responsable sinala que, a través do sistema de venda de entradas, a organización puido comprobar “que cada vez máis xente doutras localidades de Galicia veñen a gozar do teatro a Carballo”. “Os datos arroxados polas estatísticas de adquisicións de entradas, en relación á porcentaxe que ocupan as mercadas desde outros puntos ou vilas galegas para asistir a espectáculos do FIOT, confirman que a nosa cidade segue a ser cada outono, o corazón das artes escénicas en Galicia”, expón Sueiro.

A primeira montaxe do FIOT Fónico acadou unha excelente acollida

A primeira montaxe do FIOT Fónico acadou unha excelente acollida

aposta pola creación galega foi un factor determinante á hora de facer a selección da programación, que deu pé á representacións de grupos consolidados (A lingua das bolboretas, de Sarabela Teatro) ou montaxes de compañías emerxentes (A xente 2.0, de Amorodos Producións). Unha das propostas máis singulares e que mellor acollida tivo nesta edición, como proba a ampliación do número de funcións, foi a estrea do FIOT Fónico, o novo proxecto do FIOT que procura experimentar con novas linguaxes teatrais e introducir á cidade no teatro a través das novas tecnoloxías.

A primeira das pezas creadas no marco desta liña foi A lúa, válvula de spray, unha coprodución do FIOT co LIDISS (Laboratorio de Investigación en Innovación Social e Cultural Sostible). Nesta ficción sonora, escrita pola artista carballesa Rosalía Fernández Rial, conxúganse as artes escénicas coa arte urbana, transformando oito murais da localidade na escenografía da obra. O espectáculo, que dirixe Quico Cadaval e que conta con Melania Cruz, María Roja e Santi Romay no reparto, “tivo unha acollida excelente entre o público, que esgotou as prazas reservadas”, expón Alberto Sueiro, impulsor do proxecto, quen avanza que a iniciativa terá continuidade “de cara á manter vivo o espírito fioteiro ao longo de todo o ano”. Así, nas vindeiras semanas o FIOT dará a coñecer o sistema específico para descarga e escoita desta función sonora desde o móbil.

As posibilidades que ofrecen as ferramentas tecnolóxicas á hora de reformular ou innovar  desde as iniciativas teatrais foron piares da programación deste FIOT en pausa. Deste xeito, ademais do FIOT Fónico, o programa acolleu a estrea de Live, unha obra na que a actriz protagonista interactuaba vía Instagram co público; ou a representación de dous espectáculos nos que os compoñentes audiovisuais tiñan unha forte presenza, como é o caso de Curva España, de Chévere, ou Prostitución, de Check-in Producciones. Tamén no IV Certame de MicroEscenas Metro Cadrado (cuxa iniciativa gañadora coñecerase a semana que vén) os elementos audiovisuais ocuparon un espazo relevante, ao igual que os temas vinculados á pandemia e ao confinamento. Precisamente esta temática é o punto de partida da exposición Pandemia. Novos retos, apoiada polo FIOT e que o Pazo da Cultura acolle até o 7 de novembro.

Peche do FIOT en pausa

Carmen Machi recolleu o Premio do Público do FIOT 2012

Carmen Machi recolleu o Premio do Público do FIOT 2012

FIOT en pausa clausurou a presente edición coa entrega dun galardón. Ao remate da función de Prostitución, a actriz Carmen Machi recolleu o Premio do Público do FIOT 2012 por Juicio a una zorra, de Kamikaze Producciones e Mamá Floriana. No seu regreso a Carballo, Machi recibiu o premio outorgado polas e polos asistentes á 21ª edición do festival e agradeceu ao público a súa volta ao patio de butacas.

Neste sentido, a organización do FIOT en pausa quere recoñecer e agradecer tanto ao público como ás compañías participantes e aos medios de comunicación a súa presenza e participación activa nesta edición, unha programación que dá conta do que está a reclamar e manifestar o sector: a cultura, ademais de necesaria, é segura.

Compartir: