Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

REXENERA FEST

Buscadores de ouro toman as rúas de carballo para descubrir os tesouros que agocha a nosa arte urbana

Participa no xogo de pescudas para maiores de 14 anos que celebramos este venres 24 de xullo de 19:00 a 21:00 horas. Inscríbete e gaña premios!

Xoves 23 de xullo do 2020 Cultura

As lendas sobre tesouros agochados esténdense por toda Galicia: trabes e cidades de ouro, arcas ateigadas de pedras preciosas...  Pero en Carballo temos un tesouro que non se oculta, senón que está ao alcance de todas as persoas que, coma nós, consideramos a arte urbana como unha manifestación cultural que, ademais de embelecer o noso concello, sitúanos no vangarda cultural e xera movemento económico.

O que si agochan os máis de medio cento de murais que converten a vila de Carballo nun xigantesco museo ao aire libre son as pescudas que deberán atopar, e descifrar, as persoas que queiran participar na busca do ouro que realizaremos este venres 24, unha actividade do Rexenera Fest para maiores de 14 anos. Verás que divertido!

Terás que mergullarte na arte urbana e ir descifrando as incógnitas que se che irán presentando para poder chegar á meta, que non é outra que o descubrimento do tesouro. Haberá agasallos para todos/as os/as participantes, e para os/as tres primeiros/as en chegar á meta, ademais, serigrafías e prints de edición limitada das artistas Xoana Almar e Lidia Cao.

Inscríbete xa no Museo de Bergantiños, a través o e-mail turismo@carballo.gal ou no teléfono 981 702 077. O punto de encontro será o Museo, este venres 24 ás 19:00 horas. E prepárate para dúas horas de aventura!

Actividades para tod@s

Ademais da actividade programada para mañá, se tes espírito aventureiro podes participar tamén no xogo de pistas para familias que celebramos durante todo o festival. Achégate polo Museo de Bergantiños, inscríbete e recolle as instrucións para participar. Teremos premios para todos/as participantes que completen o xogo.

E se queres coñecer máis de preto e con máis detalle o proxecto de arte urbana de Carballo tamén podes facelo a través das rutas guiadas que organizamos durante os dez días do festival para grupos de un máximo de 10 persoas. Inscríbete!

Compartir: