Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

“Carabela” salta dos escenarios ás librarías para contaxiarnos a esperanza de conseguir un mundo mellor grazas á infancia

A peza teatral escrita por Paula Carballeira a partir dunha proposta da compañía carballesa Galeatro presentouse hoxe no Pazo da Cultura, o mesmo lugar onde foi representada por vez primeira

Mércores 22 de xullo do 2020

“Carabela”, a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico, xa está nas librarías. A obra, escrita por Paula Carballeira a partir dunha idea da compañía de teatro carballesa Galeatro, vén de ser publicada pola Editorial Galaxia. Hoxe presentouse no Pazo da Cultura, o mesmo espazo no que foi estreada a principios de ano por Toné Martínez e Alba Bermúdez, que rematou o acto coa interpretación do primeiro monólogo do libro. Xunto a eles estiveron a autora, Paula Carballeira; o director xeral de Galaxia, Francisco Castro; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

“Carabela” pretende sensibilizar á poboación, sobre todo á máis cativa, sobre o gravísimo problema ambiental que supón o uso masivo de plástico. Pero a obra de Paula Carballeira é, sobre todo, en palabras da propia autora, unha aposta “pola esperanza” de que a través dos máis cativos e cativas conseguiremos construír un mundo mellor. “Vimos dunha situación na que se destruíron moitas cousas, e estamos no momento de crear moitas outras, e quen está en disposición de crear un novo mundo son os nenos e as nenas”, sinalou.

Tanto Paula Carballeira coma Francisco Castro e Toné Martínez destacaron a aposta do Concello de Carballo pola cultura galega. “Oxalá houbese moitos máis concellos de Carballo en Galicia”, manifestou o actor de Galeatro.

Ademais de falar sobre o libro, o acto de hoxe serviu para reflexionar sobre a importancia da literatura e da lectura, como se vén de demostrar durante o estado de alarma. Marcos Trigo convidou á cidadanía a acudir ás librarías para mercar “Carabela” e para mercar libros en xeral, un convite ao que se sumou Francisco Castro. No vídeo axunto podedes ver e escoitar un resumo das intervencións.

Vídeos

Compartir: