Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

HUGUETTE E MARÍA OFRECERON UN ANTICIPO NA PRESENTACIÓN

Huguette Periscal, Maraya Zydeco e Blues Chico abrirán este sábado unha nova edición do Curruncho Pop

Diego Vasallo, Magín Blanco e Little Niño completan o cartel de concertos, pero tamén haberá presentacións de literatura musical

Xoves 13 de febreiro do 2020

Marcos Trigo presentou o Curruncho Pop acompañado por Huguette Periscal e María Álvarez

Marcos Trigo presentou o Curruncho Pop acompañado por Huguette Periscal e María Álvarez

Este sábado, a Rego da Balsa acollerá o primeiro dos concertos dunha nova edición, a quinta xa, do Curruncho Pop, outra das propostas coas que Concellaría de Cultura pretende potenciar a biblioteca municipal como espazo de acollida de todo tipo de manifestacións culturais: no Curruncho 2020 volverán confluír música en directo e literatura musical.

Ao longo destes cinco anos pasaron pola mediateca carballesa músicos da talla de Richard Lloyd, Sid Griffin, Victor Coyote ou Elena Setién; propostas innovadoras e diversas como Birds Are Indie, Chicharrón ou Emilio José; e expertos en literatura musical como Joserra Rodrigo ou Jaime Gonzalo e Ignacio Juliá.

E este ano teremos a Huguette Periscal, Maraya Zydeco e Blues Chico, que abrirán o Curruncho Pop este sábado xunto ao autor de Comer y cantar. Soul Food & Blues, Héctor Martínez González. O 28 de marzo visitaranos nin máis nin menos que o ex Duncan Dhu Diego Vasallo. En maio haberá outro dobrete con Carlos Rego e Magín Blanco. E remataremos en xuño con Little Niño.

A entrada a todos os concertos será de balde, pero, debido ás limitacións do aforo, será preciso reservar con anterioridade a través do teléfono 981 758 580. Só se reservarán un máximo de catro pases por persoa.

Huguette e María ofreceron un pequeno adianto da súa actuación

Huguette e María ofreceron un pequeno adianto da súa actuación

O Curruncho Pop 2020 presentouse na propia Biblioteca Rego da Balsa. O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, estivo acompañado por Huguette Periscal e María Álvarez, que ofreceron un pequeno adianto do que escoitaremos o sábado no primeiro concerto do ciclo.

Trigo debullou polo miúdo o programa e falou da traxectoria dos músicos que nos acompañarán no Curruncho os próximos meses. “Eu xa tiven a sorte de ver a María, pero a quen non tivese esa sorte recoméndolle que veña o sábado á biblioteca, porque aínda estou sorprendido de que cun acordeón se poidan sacar todos eses sons”, asegurou. “Vai ser unha sesión moi interesante e eu creo que lle vai gustar a todo o mundo, porque o blues é unha música que engancha”.

“O do sábado _dixo María Álvarez_ é un programa moi completiño, con pezas moi coñecidas, outras non tanto, e encántame que se poidan xuntar aquí na biblioteca música e palabra, algo que se vén facendo desde tempos ancestrais; e, ademais nesta ocasión, relacionándoos coa comida nunha tarde que estará chea de sabores, de sons e de letras”.

Compartir: