ENTROIDO 2020
Inscríbete do 6 ao 19 de febreiro no concurso de comparsas e carrozas, que repartirá 8.000 euros en premios e gratificacións
As persoas que participen nas categorías individual, parellas e grupos poderán anotarse ata o mesmo día do certame, que será o domingo 23
Mércores 5 de febreiro do 2020
Os participantes individuais poden anotarse o día do concurso
Do 6 ao 19 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para o Concurso de Disfraces, Carrozas e Comparsas de Entroido, aínda que para as persoas que participen nas categorías individual, parellas e grupos alongámolo ata o mesmo día do certame, que será, como é costume, o Domingo de Entroido. As follas de inscrición e as bases completas están á vosa disposición nos documentos anexos.
A actividade máis emblemática do Entroido carballés arrincará ás 18.00 horas do día 23 cun desfile pola zona da Praza do Concello, onde se celebrará o concurso. Tanto comparsas (mínimo de 8 compoñentes na modalidade infantil e de 10 na de adultos) coma carrozas (mínimo de 15 compoñentes con vehículo) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello de Carballo ou, preferentemente, no Rexistro Auxiliar do Pazo da Cultura, en horario de 11:00 a 13:30. Para o 20 primeiros inscritos en calquera das dúas categorías, sempre que reúnan unhas condicións mínimas de calidade, haberá gratificacións que van dende os 125 ata o s 250 euros.
Orquestra Trébol
Os/as participantes individuais, en parella ou en grupo poderán anotarse polo mesmo sistema ou facelo o mesmo día do concurso, de 16:00 a 17:00 horas, na Praza do Concello.
Entre gratificacións e premios, a Concellería de Cultura, organizadora do certame, repartirá case 8.000 euros. O máis cuantioso é o primeiro premio na modalidade de carrozas, dotado con 700 euros.
Ao remate do desfile celebrarase o tradicional baile de disfraces organizado pola Concellaría de Terceira Idade, que estará amenizado pola orquestra Trébol e durante o cal procederase á entrega de premios do concurso.