Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Dez cabalgatas de Reis e máis de corenta actividades culturais para todos os públicos enchen o noso Nadal

Evencio Ferrero e Marcos Trigo, acompañados por José Manuel Naya, patrocinador do Concurso de Cartel e Postal, presentaron o programa

Mércores 11 de decembro do 2019 Cultura

Coincidindo coa primeira actividade do Nadal Cultural, un contacontos de Trinke Trinke Teatro na Biblioteca Municipal Rego da Balsa, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron o programa que se desenvolverá dende hoxe ata o 6 de xaneiro en diferentes escenarios. Un deles será, por suposto, o Pazo da Cultura, no que hoxe desveláronse todas as propostas e ademais déronse a coñecer os preciosos debuxos premiados no Concurso de Cartel e Postal de Nadal. O patrocinador do certame, José Manuel Naya, da cadea comercial Todo Lar, que acompañou a Evencio Ferrero e Marcos Trigo, amosou a súa satisfacción pola elevadísima participación e pola orixinalidade dos deseños.

O concelleiro de Cultura ofreceu algunhas pinceladas do programa, no que tamén se inclúen as actividades organizadas polo movemento asociativo, e detívose especialmente nas tres propostas que integran este ano o Nadal Pequespectacular. “Temos teatro, música e monicreques, e esperamos, como pasa todos os anos, que se colgue o cartel de non hai entradas”, sinalou. As entradas poderán mercarse anticipadamente a partir do día 18 en www.eventbrite.es e tamén os días das funcións, a partir das 16.30 horas, na billeteira do Pazo da Cultura.

Nadal Pequespectacular

A proposta do Nadal Pequespectacular é a seguinte:

  • Xoves 26. A compañía sevillana A la sombrita, teatro de títeres presenta “El tesoro de la barracuda”, unha historia de piratas realizada con sombras “e unha posta en escena moi cinematográfica”, explicou Marcos Trigo. Recomendada a partir de 5 anos.
  • Venres 27. Chegará Elefante Elegante con “Patapatúm”, Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 2019. A partir de 4 anos.
  • Sábado 28. Volve a Carballo Magín Blanco co gran espectáculo “A nena e o grilo máis aló”, que mestura música e teatro. A partir de 3 anos.

O Nadal Cultural de Carballo incluirá este ano máis de corenta actividades para todos os públicos, dende o concerto “Pondaliana”, programado para mañá xoves, ata os bailes para maiores con música en directo. E ademais tamén inclúe as propostas do movemento asociativo de todo o concello. A todo iso hai que sumarlle as 10 cabalgatas que se levarán a cabo entre os días 5 e 6 de xaneiro. O programa detallado pode descargarse máis abaixo.

Concurso de Cartel e Postal

Debuxo gañador do Premio Cartel de Nadal 2019

Debuxo gañador do Premio Cartel de Nadal 2019

O acto de hoxe concluíu coa presentación dos debuxos premiados no Concurso de Cartel e Postal de Nadal, patrocinado por Todo Lar. Tanto o concelleiro de Cultura coma o alcalde agradeceron a colaboración da empresa carballesa e tamén o traballo do xurado, que tivo a difícil misión de escoller entre 1.466 deseños, pero Evencio Ferrero destacou especialmente as obras gañadoras, e desexou que, como figura nunha delas, o Nadal que estamos a punto de vivir “sexa un Nadal sen violencias e sen desigualdades”.

  • Mía Cancela Viña, de 7 anos do Cra Ponte da Pedra-Escola de Verdillo. 1º premio. Cartel de Nadal, que se distribuirá polas rúas e os comercios de Carballo.
  • Alba Eirín Castillo, 11 anos do CEIP Gándara Sofán. 2º premio, Postal de Nadal, que se utilizará para felicitar as festas dende o Concello e como portada do programa Nadal Cultural.
  • Nagore Calvelo Espasandín, 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
  • Rafael Abelenda García, 8 anos, do Colexio Artai. Accésit.
  • Lucía Bermúdez Chouciño, de 5 anos, do CEIP Xesús San Luís Romero. Accésit.
  • Jorge Lago Pérez, 6 anos, do CEIP Bergantiños. Accésit.
  • Lucía Vázquez Mato, 11 anos, do Colexio Artai. Accésit.

Descargas

Compartir: