O Teatro en Ruta supera o seu ecuador cun balance de máis de 200 espectadores/as nas tres funcións celebradas
Vagalume Animación estrea esta fin de semana unha nova montaxe, a comedia “Airbag”, nas parroquias de Ardaña e Berdillo
Venres 22 de novembro do 2019
Representación de "Aleluia" en Oza
O Teatro en Ruta supera o seu ecuador cun bo balance de público e tamén de acollida. As tres funcións realizadas ata o momento pola compañía carballesa Vagalume Animación xuntaron a máis de 200 espectadores e espectadoras, algo máis da metade na parroquia de Cances, que foi o punto de partida do ciclo organizado pola Concellaría de Cultura.
Vagalume Animación, en Rus
Despois de tres representacións da montaxe “Aleluia”, que puidemos ver tamén nos centros sociais de Rus e Oza, Vagalume Animación está de estrea esta fin de semana. O público de Ardaña e Verdillo, onde se levarán a cabo as actuacións do sábado 23 e o domingo 24 (en ámbolos casos ás 19.00 horas), poderá ver a comedia “Airbag”, protagonizada por un nutrido grupo de mozos e mozas artistas.
Teatro en Ruta rematará o día 30 en Sofán coa posta en escena de “Escola de bruxas”, tamén ás 19.00 horas. A entrada é de balde e libre ata completar aforo.