Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa será o escenario do III Encontro Galego de Postcrossing

A xuntanza pretende animarvos a revivir e recuperar as postais e as cartas como medio de comunicación e de conexión social

Martes 5 de novembro do 2019 Cultura

A Biblioteca Rego da Balsa acollerá o día 23 de novembro o III Encontro Galego de Postcrossing, enmarcado no proxecto “Palabras da man ao corazón”. Estas xuntanzas constitúen unha oportunidade de conectar con persoas interesadas na comunicación escrita en versión analóxica (postais) e de desvirtualizar a outras coas que interactuamos nas redes sociais.

Antes, como xa ocorrese nas dúas anteriores edicións, en Ribeira e Pobra do Caramiñal, no primeiro andar da Biblioteca Rego da Balsa instalarase unha exposición coas postais da colección persoal de Diana Pastoriza, coordinadora de "Palabras da man ao corazón", que leva rexistrada en postcrossing.com desde 2014 e que recibiu, chegadas de todo o mundo, unhas 400 postais doutros usuarios desa web.

Podedes ver, perfectamente organizadas, postais turísticas, ilustracións, postais relacionadas coa arte ou coa gastronomía; postais e selos de faros, e chain cards -as postais que se envían sen texto. A expo complétase con selos individuais o organizados por un un fío condutor -teatro, diversidade funcional, música e cantautores, literatura etc.- e cun estante, situado na planta baixa, coa pequena biblioteca de Pastoriza de libros relacionados coas cartas.

Ademais de postcrossing.com, nas redes sociais, principalmente en Instagram, hai moitos perfís de postaleiros/as de todas as partes do mundo que buscan facer intercambios directos ou aumentar a súa colección particular de postais. Foi como Diana conseguiu as postais de faros de todo o mundo: chegáronlle de Rusia, Azores, Hong Kong, EEUU ou Brasil, entre outros lugares.

Participación

O obxectivo do encontro do día 23 é animarvos a revivir e recuperar un medio -o intercambio de postais e cartas- que foi natural en Galicia durante moito tempo, e máis para os que emigraron ao estranxeiro. “Palabras da man ao corazón”, coordinado por Pastoriza como un proxecto educativo intercentros, ten como obxectivo revalorizar a escrita creativa a man engadíndolle unha dimensión colaborativa e intercultural. Ademais, posúe unha parte divulgativa que busca dar a coñecer libros, poemas, cancións e cadros que teñan como tema as cartas ou a escritura (na pranta baixa da biblioteca podes ver parte deses libros). Neste proxecto participan uns 60 centros educativos que levaron a cabo intercambios de postais, cadernos viaxeiros, obradoiros de escrita creativa ou de caligrafía.

E, se vos apetece, podedes deixar as vosas impresións por escrito sobre a exposición ou o proxecto no seguinte enderezo:

Diana Pastoriza
Apartado de Correos 201
Rúa do Franco nº 4
15780 Santiago de Compostela

Compartir: