Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A CITA, O 23 DE OUTUBRO

Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial protagonizarán un encontro literario na Biblioteca Rego da Balsa

A actividade forma parte do programa 70minutos.con, organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a Deputación Provincial da Coruña

Luns 21 de outubro do 2019 Cultura

A Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), en colaboración coa Deputación da Coruña, está a promover un ciclo de encontros con autoras e autores denominado 70minutos.con, unha análise sobre a nosa literatura contemporánea en presenza e conversa cos seus autores e autoras. 

Son 70 minutos de divulgación e palabra creativa: por unha banda, un achegamento á diversidade e excelencia que atravesa hoxe a literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de contextualizar, definir e debullar as súas circunstancias e condicionantes. Pola outra, as voces protagonistas de toda esa expansiva riqueza literaria interpretando para nós o seu traballo creativo, revelándonos os seus procesos e expoñéndonos as súas claves.

Carballo será unha das cinco sedes da provincia, xunto con Santiago, A Coruña, Ferrol e Betanzos. O encontro celebrarase o mércores 23, ás 20.00 horas, na Biblioteca Rego da Balsa, e terá como protagonistas ás poetas Yolanda Castaño e Rosalía Fernández Rial. Os 70minutos.con rematarán con música de jazz do grupo Lois Rivera Trío.

Compartir: