Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

160º ANIVERSARIO DE ALFREDO BRAÑAS

Miro Casabella estrea no Pazo da Cultura a peza "A véspera de San Xoán", baseada nun poema de Alfredo Brañas

O grupo Xocaloma volve a reunirse para participar no concerto, organizado polo Padroado Alfredo Brañas e o Concello

Xoves 9 de maio do 2019 Cultura

A presentación do concerto tivo lugar hoxe no Concello

A presentación do concerto tivo lugar hoxe no Concello

O Pazo da Cultura reunirá mañá ás 20 horas a dous históricos da música popular galega. Co gaio de honrar o legado dun fillo ilustre da nosa vila, Xocaloma acompañará a Miro Casabella no concerto Alfredo Brañas, unha memoria viva, organizado polo Padroado Alfredo Brañas e o Concello de Carballo. Será o cantautor lugués quen abra o recital con temas do seu repertorio antes de interpretar cos carballeses dúas cantigas: unha de amigo e A véspera de San Xoán, baseada no poema de Brañas Lembranzas, con partitura de Casabella; finalmente Xocaloma, xuntos de novo tras máis de vinte anos fóra dos escenarios, ofrecerá unha ducia das súas cancións máis coñecidas. O concerto presentouse esta mañá na casa do concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo; Dolores Platas e Jorge Campos, de Xocaloma; e, en representación do Padroado Alfredo Brañas, José Manuel Cameán e José Manuel Hurtado, tamén ex compoñente do conxunto carballés.

“Xocaloma”, afirmou Trigo, “é un grupo mítico da escena galega que lle traerá bos recordos a moita xente que tivo a sorte de velos na súa época, pero que tamén está ben presente para xeracións posteriores que medraron con ese mito de Xocaloma e das cancións de Xocaloma. Por iso é unha ocasión excepcional e de alegría para todos os carballeses e carballesas que Xocaloma volva aos escenarios”.

“Estamos encantados de colaborar co Concello, co Padroado Alfredo Brañas e, sobre todo, contentos de volver tocar en Carballo”, asegurou Dores Pratas. “Levamos bastante tempo sen facelo; non porque nos tivésemos ganas, senón porque é moi difícil xuntarnos todos os compoñentes”.

Para Jorge Campos o de mañá será un “evento especial”. “Deunos”, engadiu, “unha gran motivación: estamos como nenos pequenos, como cando empezamos, nos anos 78 ou 79. Levamos ensaiando unhas semanas porque queremos que non haxa ningún detalle que nos poida sorprender. Pero todos os nosos anos de experiencia teñen que valer de algo, aínda que os nervios sempre están aí. Esperamos que todo saia ben e que a xente recorde os nosos temas”. “Na actuación de mañá”, comentou Campos, “estaba previsto que nos acompañase Lucía Pérez para interpretar unha versión dunha canción nosa que ela soe levar no repertorio, Terra, pero ao final Lucía non estará no Pazo por un compromiso profesional en Asturias”.

José Manuel Cameán explicou que o obxectivo do acto de mañá “é espallar a memoria de Alfredo Brañas”. “Brañas”, lembrou, “xa tiña musicados dous textos seus, un Himno -baseado no seu Casta dos Celtas, con partitura de Luis Taibo- e Aire gallego, con música de Manuel Chaves, dedicado a Labarta Pose; así que nós pensamos que por que non ía ter Brañas unha terceira obra musicada, e pareceunos que Lembranzas era a idónea”.

Evencio Ferrero lembrou a importancia histórica e musical de Miro Casabella, Xocaloma e outros grupos da época, “de moitísima calidade”, como Andrés do Barro, Fuxan os ventos, Saraiva, Verbas xeitas, Voces ceibes e, “por suposto, Xocaloma, que formaba parte de esa elite e que representou a Carballo en festivais internacionais tan prestixiosos como o de Lorient”. “O que nos une”, salientou, “é a figura de Alfredo Brañas e e a necesidade de seguir mantendo viva a memoria dunha persoa que está no Panteón de Galegos Ilustres, que naceu en Carballo, que ten louvado a Carballo e que sempre mantivo un compromiso con esta terra”. “O concerto de mañá”, rematou, “é unha excelente oportunidade para que a xente de Carballo volva desfrutar de Xocaloma e de Miro Casabella. Volverse reencontrar con Xocaloma e con Miro e seguir lembrando a Alfredo Brañas eu creo que é unha obriga de todas as persoas que queremos a Carballo”.



Galería

Compartir: