Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Campamento Kamikaze abre hoxe en Razo o Carballo Interplay

O festival de contidos dixitais congregará esta semana na capital de Bergantiños unha completa panorámica da innovación na rede a nivel galego, estatal e internacional

Luns 1 de abril do 2019

O Campamento Kamikaze abre, dende hoxe ata o mércores, no Raz Surf Camp, a sexta edición do Carballo Interplay. Tres días de convivencia e creatividade na contorna incomparable da praia de Razo, en plena Costa da Morte, que servirán como pistoletazo de saída para o festival de contidos dixitais máis importante do Estado.

As e os kamikazes que participan neste singular campamento enfróntanse ao reto de idear, gravar e postproducir en dous días e medio un Dinosaurio, un pequeno vídeo de menos de 10 minutos a partir da premisa da fin de Internet. As e os novísimos creadores que participan no campamento deben idear as súas historias de ficción a partir dunha caída global da rede, da que se descoñecen os motivos. O resultado proxectarase o mércores 3, ás 20h30, no Auditorio do Pazo de Cultura de Carballo como apertura do festival. E este ano, como novidade, o xurado oficial do Carballo Interplay escollerá entre estas pezas e as que envíe o público o gañador do Premio ao Mellor Dinosaurio, cunha dotación económica de 400 euros.

Participan no Campamento Kamikaze dúas ducias de persoas. Preto da metade adícanse ou queren adicarse á actuación, pero tamén hai cámaras, guionistas, produtoras, músicos e estudantes que aínda non teñen claro que aspectos da profesión lles gustan máis. Veñen ao Campamento buscando vivir experiencias novas, coñecer "xente molona que fai cousas molonas" coa que poder tecer redes e entrenar as súas destrezas técnicas. Todas e todos queren, tamén, asumir o reto de crear e contar historias e aprender disfrutando man a man con profesionais do sector. 

O Campamento é, para unha destas persoas, "un lugar onde co-crear, convivir e desenvolver proxectos que o final verán a luz e nos permitirían comprender de primeira man todos os elementos necesarios para que nós pola nosa conta poidamos seguir facendo este traballo tan bonito e apaixoante. Tres días intensos dedicados o audiovisual parecenme a mellor maneira de usar o meu tempo en algo que me fai realmente feliz. Ademais da oportunidade de traballar con grandes profesionais e aprender das experiencias doutras persoas, que seguramente doutra maneira sería difícil coñecer".

Profesorado

Acompañarán este proceso sete docentes de excepción. Directores e directoras polivalentes, como Andrés Goteira, que arrasou coa súa primeira longametraxe, Dhogs; Sandra Sánchez, que acumula tamén varios premios tanto coa súa primeira longa documental como coa curtametraxe A nena azul, recentemente galardoada nos Premios Mestre Mateo; ou Dani Viqueira, que foi finalista na mesma categoría con Limbo e que, na edición anterior, se fixera co premio á mellor realización de televisión. Moito máis nova, pero igual de versátil é Lucía Estévez, que traballa en diferentes proxectos nos departamentos de cámara e dirección e que o ano pasado se fixo co premio María Luz Morales a Mellor Videoensaio sobre Audiovisual Galego pola súa peza Muller Personaxe.

Na banda da produción, dous todoterreosSuso López, produtor e actor en Dhogs e compañeiro infatigable de Goteira; e Nati Juncal produtora da serie dixital Antes de Perder para Playz (RTVE) e xefa de produción de longametraxes como Tempo Verticalde Lois Patiño (Zeitun Films) ou Longa Noite de Eloy Enciso (Fílmika Galaica). Completa o equipo de docentes o guionista, coordenador de guión e profesor de narrativa audiovisual Daniel D. García, que en quince anos de carreira ten explorado tanto o cinema como a televisión, ben sexan series (para as que ten escrito máis de cen capítulos), programas, curtametraxes ou vídeos experimentais.

Compartir: