Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Novembro con Música volve a poñer en valor o traballo das agrupacións musicais do noso concello

Dezasete grupos carballeses dos máis variados estilos participan no programa organizado pola Concellaría de Cultura, que arrancará este venres co festival Live in Cances

Martes 6 de novembro do 2018

Marcos Trigo presentou o programa Novembro con Música

Marcos Trigo presentou o programa Novembro con Música

Na Concellaría de Cultura non paramos, e, como di o concelleiro Marcos Trigo, “despois do vórtice do FIOT” chega Novembro con Música. Hoxe presentou o programa que se vai desenvolver dende este venres, co festival pop-rock Live in Cances, ata o luns 26, no que pecharemos cun espectáculo teatral-musical conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Serán 17 días de música protagonizada, sobre todo, por 17 agrupacións carballesas. Porque, como tamén indicou o concelleiro de Cultura, Novembro con Música outorga o protagonismo aos grupos locais “para que poidan difundir o seu traballo e dalo a coñecer”. E, deste xeito, nestes días de outono teremos pop, rock, música tradicional, bandas e coros, reflexo da variedade musical da que podemos gozar sen saír do noso concello.

Esa diversidade é unha das características do programa, que inclúe dende un concerto de jazz ata espectáculos musicais-teatrais, e tamén propostas destinadas a distintas idades. En total haberá 11 concertos nos que participarán 20 agrupacións. E todos os organizados directamente polo Concello de Carballo serán de balde, aínda que nalgúns casos será preciso recoller convite con antelación por cuestións de espazo. É o caso, por exemplo, dos contacontos que se celebrarán os días 14 e 28 na Biblioteca Rego da Balsa.

Marcos Trigo agradeceu a colaboración da Deputación da Coruña e destacou a participación tanto da Banda Municipal de Música coma da Banda de Gaitas Municipal, dúas agrupacións do Concello de Carballo vinculadas ao noso Conservatorio Profesional.

Ademais, Novembro con Música inclúe unha exposición fotográfica, 15 visións, que poderá visitarse do 23 de novembro ao 2 de decembro no Pazo da Cultura. Este mesmo espazo será sede, por segundo ano, da Residencia Artística Para_íso, impulsada polo Colectivo RPM co apoio da AGADIC, e que nos permitirá coñecer o proxecto Status, de Federico Vladimir Strate e Pablo Esbert.

Coma novembro é tamén o mes do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o día 23 asistiremos ao concerto Habelas hainas, organizado pola Asociación Cultural Lumieira, e o 26 contaremos con A tropa de trapo co espectáculo teatral-musical Contamos todos, organizado polo Centro de Información á Muller (CIM) para o alumnado de 5º de Educación Primaria.

O programa completo está á vosa disposición no documento adxunto.

Descargas



Galería

Compartir: