Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Todos os escolares de 4 e 5 anos participarán este mes no programa de visitas guiadas á Biblioteca Rego da Balsa

O luns arrancará unha nova campaña de difusión dun dos recursos culturais máis importantes da Costa da Morte

Xoves 4 de outubro do 2018 Cultura

Imaxe de arquivo dunha das visitas do curso pasado

Imaxe de arquivo dunha das visitas do curso pasado

Un total de 690 escolares de catro e cinco anos de idade participarán este mes no programa de visitas guiadas á Biblioteca Rego da Balsa, unha iniciativa da Concellaría de Cultura para dar a coñecer ás nenas e nenos un recurso cultural único na Costa da Morte.

Alumnos e alumnas dos colexios Bergantiños, Fogar, A Cristina, San Luís Romero, Artai, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, Canosa-Rus e CRA Ponte da Pedra participarán nunha actividade duns 45-50 minutos de duración que inclúe unha visita guiada pola zona infantil e unha función de contacontos cos Ratos de Lonxedetodo da compañía teatral Trinketrinke . Ademais, cada un dos cativos e das cativas levará un agasallo.

As sesións comezarán o luns 8 cos coles Fogar e Bergantiños e continuarán o martes 9 (Fogar, A Cristina e Sofán), o luns 15 (Artai, Razo e Bergantiños), e o luns 29 (Rus, San Luís Romero e CRA Ponte da Pedra).

Dende a Biblioteca Rego da Balsa este curso tamén convidaremos a #biblionizarse ao alumnado dos institutos para que coñeza todos os recursos que teñen á súa disposición.

Compartir: