Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

FIOT

Avelino González e Marcos Pereiro abren este venres a Rúa dos Contos na súa 20ª edición

Xoves 27 de setembro do 2018

Fai xa vinte anos que o  Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT) puxo en marcha unha iniciativa cuxo obxectivo era e é poñer as artes escénicas ao alcance de quen nunca ten asistido a unha función. Onde atopar novos espectadores e potenciais afeccionados ao teatro? Na rúa, nos lugares públicos de lecer e ocio. Este ano, a partir do vindeiro día 28 de setembro, Carballo acolle as primeiras representacións da 20ª edición da Rúa dúas Contos.

As dúas primeiras citas, o venres día 28, celebraranse na Cafetería Colón e no Mesón do Pulpo. Na Colón é só para maiores de idade. Ás 22.00h o monologuista Avelino González relatará os seus Contos de contrabando, e a medianoite Marcos Pereiro no Mesón do Pulpo contará Como ser armario encaixado.

Ao día seguinte, sábado 29, ás 13h e para todos os públicos, no Mesón A Cabaña, tócalle quenda a Peter Punk: En cru, espectáculo multidisciplinar con malabares, acrobacia, lume e risas, moitas risas. E á medianoite, en Bulevar Music Café e só para maiores de idade, Víctor Grande presenta o seu novo espectáculo A vida pasa voando.

O sábado día 29 tamén terá lugar a primeira das representacións programadas no Mercado Municipal. Ás 21h e para todos os públicos Manoliño Nguema ofrecerá Ngoan ntangan, dous mundos que se tocan: Guinea Ecuatorial e Galicia. O domingo día 30, ás 13h no Casino 1889 está programada para todos os públicos unha Regueifa 2.0, con Lupe Blanco e Bieito Lobariñas.

Todos os espectáculos son de balde, agás o convocado á medianoite do venres no Mesón do Pulpo (5 euros) e a función no Mercado Municipal (3 euros). Loxicamente, os locais teñen o aforamento limitado e as entradas débense adquirir antes de empezar a función nos propios establecementos.

Para a seguinte fin de semana, venres 5, sábado 6 e domingo 7 de outubro, a Rúa dos Contos ten programados outros cinco espectáculos máis a sesión do sábado no Mercado Municipal. O programa completo pode descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: