Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O FIOT, Premio da Cultura Galega 2018 na categoría de artes escénicas

Martes 25 de setembro do 2018

Non podía haber mellor antesala para o FIOT que arrancará este venres presumindo do Premio da Cultura Galega 2018 na categoría de artes escénicas. O fallo deuse a coñecer onte na Cidade da Cultura de Santiago. O noso festival comparte galardón nin máis nin menos ca con Xosé María Álvarez Cáccamo, Luz Darriba, o grupo A Roda, o Festival de Cans, Antón Santamarina, a Asociación O Sorriso de Daniel e Ramón Villares.

O xurado considera que o FIOT, organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo, é “todo un referente na difusión e visualización das artes escénicas de Galicia”. Desde o seu inicio, no ano 1992, “foi medrando de xeito exponencial tanto na calidade das programacións como na fidelización de público. Pola súa traxectoria, calidade da programación e a variedade das propostas de intermediación cultural que ofrece está recoñecido como un dos máis importantes festivais de Galicia, cun programa que vén ofrecendo unha trintena de obras e preto de 100 actividades paralelas”, segundo reflicte o fallo.

Agradecementos de Alberto Sueiro e Marcos Trigo

O presidente da asociación cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro Pastoriza, mostrouse “grata e inesperadamente sorprendido porque nin sequera sabiamos que eramos candidatos”. Tras apuntar que o galardón “é unha honra e unha satisfacción”, Sueiro declarou que “o FIOT leva case 30 anos traballando para achegar o teatro á xente desde un pobo e este premio confirma que se poden facer grandes cousas desde os pobos, non fai falta ser una capital ou unha gran cidade para facer cousas de interese xeral”.

“Hoxe, recén premiados, no FIOT lembrámonos de todos os que durante estes anos axudaron e colaboraron con Telón e Aparte. Este premio anímanos a seguir traballando para que Carballo siga sendo o corazón das artes escénicas de Galicia”, concluíu Alberto Sueiro.

Ademais de subscribir as palabras de Sueiro, o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, agradeceu a decisión do xurado, que considera “froito dun traballo continuado por parte da organización e do voluntariado ao longo de 27 anos pero tamén da implicación do público. Este tamén é un premio para todos eses espectadores e espectadoras que apoian o FIOT coa súa presenza desde a primeira edición”, manifestou.

Compartir: