Este outono, #biblionízate con teatro, música, bookcrossing, club de lectura, obradoiros, contos... e moito máis!
A programación trimestral da Biblioteca Rego da Balsa arrancou esta fin de semana con “Un sábado ao mes”, unha proposta do Comité de Irmanamento para difundir o francés
Luns 24 de setembro do 2018
O Comité de Irmanamento con L Isle Jourdain abriu a programación este sábado
Se despois do verán quedaches con ganas de máis, este outono poderás seguir biblionizándote. A Biblioteca Rego da Balsa non só abre as súas portas a toda a comunidade, senón que promove actividades que van máis alá dun espazo físico concreto, porque para a cultura non hai fronteiras.
Este outono, entre outras moitas actividades que podes consultar con detalle no cartel adxunto, recibiremos a visita de 600 nenas e nenos e educación infantil dos colexios Fogar, Bergantiños, A Cristina, San Luís Romero, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, Canosa-Rus, Artai e Ponte da Pedra repartidos en catro grupos e catro días. Retomamos ademais o noso club de lectura para adultos e o club de lectura en francés en colaboración co Comité de Irmanamento con L’Isle Jourdain, que xa nos ofreceu esta fin de semana a primeira quenda de contos, cancións, xogos e unha chea de actividades en francés dentro do programa “Un sábado ao mes”. O nome, como vedes, xa o di todo: haberá máis os días 20 de outubro e 17 de novembro, sempre ás 11.30h.
Despois do éxito da zona oficial bookcrossing nas praias ao longo do verán, este outono teremos outras zonas noutros emprazamentos. Permanece atenta/o ás redes sociais da biblioteca e de Cultura Carballo para seguirlle a pista.
E, ademais, o 24 de outubro estamos de aniversario! Cumprimos 4 anos e queremos celebralo contigo. Haberá agasallos fantásticos e moitas sorpresas.
Este outono, #biblionízate! Teremos teatro, contos e música para nenas e nenos a partir e 0 anos, tanto na ludoteca coma na biblioteca; actividades literarias, obradoiro de debuxos animados, danza, bibliodiscoteca, cine... e moito máis!