Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Rego da Balsa volve a abrir as súas portas esta fin de semana a diferentes manifestacións culturais

Estades convidad@s o venres á presentación do documental “Vértice de versos “ e o sábado ao concerto de Espiño no Curruncho Pop

Xoves 10 de maio do 2018 Cultura

Non fai falla dicir que a Biblioteca Rego da Balsa é moito máis ca unha biblioteca, porque a estas alturas todo o mundo sabe que no moderno edificio deseñado por Óscar Pedrós desenvólvense actividades que van moito máis alá do concepto clásico dunha biblioteca. A Rego da Balsa é a mediateca de Carballo, un lugar aberto a todo tipo de manifestacións, propostas e iniciativas culturais, como volvemos a demostrar coa programación desta fin de semana.

Venres, 19.30 horas

Rosalía Fernández Rial e Carlos Lorenzo Pérez presentan este venres a longametraxe Vértice de Versos, un documental, dirixido polo propio Lorenzo Pérez, no que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.

É a primeira vez que un documental se mergulla na poesía galega, descubrindo a súa historia, contando a revolución literaria dos 90 e coñecendo como están sendo as novas formas de expresión poética.

Unha nutrida xeración de poetas de Galicia chaman a atención pola calidade das súas creacións. Moitos dos seus poemas traspasan as nosas fronteiras traducidos a outras linguas. Críticos, editores e o propio colectivo de escritores e escritoras explican o que pasou nos últimos 25 anos neste vértice xeográfico. Coñecer de preto a poetas como Yolanda Castaño, Baldo Ramos, Emma Pedreira ou Gonzalo Hermos axuda a comprender esta situación.

Sábado, 20.30 horas

Espiño é novo proxecto de Alfonso Espiño, onde o músico compostelán dará abeiro á psiquedelia que sempre adorou, ó pop art, a certas pinceladas de rock progresivo e tamén a unhas pingas de folk. Fiel á súa concepción da música pop, a arela de Espiño é profundar neste xénero dende unha actitude creativa, apostando pola produción propia e o idioma galego, concepto ó que chamará “galedelia”.

Logo de compartir formación en bandas como Contrastes, Linces Pop (posteriormente, Los Fabulosos Weekend), Mega Purple Sex Toy Kit ou Los Chavales, Alfonso Espiño fíxose en 2016 co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, organizado pola Fundación Autor, que lle abriu as portas do estudio de gravación para rexistrar as cancións de “Uno”, o seu álbum de debut

Este sábado 12 de maio terémolo no Curruncho Pop. Entrada de balde previa reserva no 981 758 580 ou en biblioteca@carballo.gal. Aforo limitado.

Compartir: