Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

CURRUNCHO POP

O auditorio da Biblioteca Rego da Balsa quedou pequeno para o concerto de 30º aniversario da banda carballesa Trámitess

Músicos e bandas que xa forman parte da historia musical carballesa sumáronse á homenaxe

Domingo 6 de maio do 2018 Cultura

A homenaxe a Trámitess polo seu 30° aniversario foi, sen dúbida, o Curruncho Pop que máis expectación levantou de todos os que se levan celebrados. O auditorio da Biblioteca Rego da Balsa quedou pequeno para ver un concerto no que houbo máis que música: un ambientazo, moitas risas e unha moi emocionante nostalxia, pero da boa.

Xa desde o xoves repartíranse todos os convites, pero aínda así houbo xente que se acercou á biblioteca coa esperanza de atopar unha butaca. E pagou a pena ese último esforzo. Kiko Iglesias, Fran Méndez e Pepe Hidalgo abriron unha intensa «jam» na que estiveron acompañados por históricos do pop/rock carballés, como José A. Levices (Levi), batería de Metro; José Ramón Martínez Mato, batería de La Crema; Richi Esmorís, vocalista de Jesse James, ou Fran Porteiro, cantante de Enkfermos.

Tamén pasaron polo escenario, para versionear as cancións máis coñecidos do repertorio de Trámitess (incluído algún clásico dos tamén carballeses Metro), formacións como The Cerne, Versión Imposible, Killer Cats, Portaconporta, Psychofonía e Malavida.

Kiko Iglesias e Pepe Fidalgo estiveron divertidísimos no micrófono, o mesmo para facer un repaso da historia do grupo salpicado de humor e anécdotas, que para presentar aos demais músicos e bandas. Tamén houbo momentos para as homenaxes e o recordo, como os do ilustrador Alberto Gende (quen fixo os primeiros deseños para Trámitess) ou o do guitarrista José Manuel Ponte Balboa, os dous xa falecidos.



Galería

Compartir: