Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Café Quijano encherá de grandes éxitos a Praza do Concello na noite do 24 de xuño

O trío leonés recalará en Carballo para presentar un adianto do seu novo disco nun concerto no que non faltarán os seus temas máis coñecidos e os boleros máis aclamados

Sábado 5 de maio do 2018

Café Quijano actuará o 24 de xuño na Praza do Concello

Café Quijano actuará o 24 de xuño na Praza do Concello

Pouco a pouco imos coñecendo máis novidades sobre a programación das festas de San Xoán. E unha das máis agardadas é, sen dúbida, a actuación do vindeiro 24 de xuño, un dos grandes espectáculos que nos agardan durante todo o mes e que iremos desvelando nas vindeiras semanas. Este ano non será un, senón tres os artistas que se suban ao escenario da Praza do Concello nun dos días grandes das nosas festas para deleitar ao público cun repertorio cargado de grandes éxitos, novas creacións e unha espectacular posta en escena protagonizada por unhas das bandas máis coñecidas e consolidadas do panorama musical nacional: Café Quijano.

Cando celebran 20 anos da súa estrea discográfica, Manuel, Óscar e Raúl –os irmáns Quijano- regresan aos escenarios pola porta grande para presentar os seus últimos hits, dous sinxelos dun novo traballo que pronto verá a luz, e unha xira que os traerá ata Carballo nunha noite máxica. Con oito discos no mercado e máis de dous millóns e medio de copias vendidas, o trío leonés chegará disposto a conquistar ao público de todas as xeracións cun espectáculo de dúas horas de duración, no que amosará o mellor da historia viva do pop latino xunto aos seus grandes éxitos do momento, Perdonarme e Mina.

Raúl, Manuel e Óscar celebran 20 anos de éxitos

Raúl, Manuel e Óscar celebran 20 anos de éxitos

Café Quijano paseará sobre o escenario cancións de sempre como Nada de nada, Llaves de Raquel, La Lola, Tequila ou Desde Brasil, e os seus temas máis actuais, pasando por algúns dos máis aclamados boleros entre os que non faltarán Me enamoras con todo ou Robarle tiempo al tiempo, pertencentes á triloxía Orígenes: El bolero, coa que foron merecedores de varias nominacións aos Premios Grammy Latinos.

Desde as súas orixes en 1998, foron moitos os temas cos que a banda leonesa gañou, por dereito propio,  consideración do público a nivel mundial, converténdose nun dos máximos expoñentes do pop-rock latino ata que en 2004 decidiron afrontar novos retos en solitario. Hai oito anos os irmáns Quijano volveron para quedarse e este San Xoán prometen ofrecer un espectáculo renovado e con sons moi actuais pero sen perder o seu selo de identidade e o bo gusto pola música. Un gran concerto que promete non defraudar aos seus incondicionais e gañar adeptos entre os máis novos. O espectáculo está asegurado!

Vídeos

Compartir: