PRIMAVERA ENDANZA
"Una conferencia bailada. Tendencias actuales"
Toni Jodar abre o ciclo de actuacións cun espectáculo imprescindible para quen queira formarse como espectador
Xoves 12 de abril do 2018 Cultura
Toni Jodar leva 15 anos percorrendo Europa coas súas performances pedagóxicas
A danza non é difícil, é descoñecida. Partindo desa premisa nace Explica Danza, o proxecto de longo percorrido creado e liderado por BdDANSA, unha organización conducida polo bailarín Toni Jodar e a xestora artística Beatriu Daniel, dous profesionais con máis de 30 anos de experiencia no eido da danza e as artes escénicas.
Explica Danza ofrece na actualidade dúas propostas: Danza Moderna y Contemporánea (Explica Danza I) e Una conferencia bailada. Tendencias actuales (Explica Danza II). Esta última montaxe será a que poderán gozar os espectadores que se acerquen o venres 13 ao Pazo da Cultura a ver o espectáculo que abre o ciclo Primavera en Danza 2108.
Una conferencia bailada. Tendencias actuales é un proxecto especializado na formación e na creación de públicos coa misión de profesionalizar as actividades para espectadores. Transmite valores distintivos da danza (educativos, sociais e emocionais); ten unha vocación de transformación a través da arte e os elementos propios da danza (espazo, tempo e corpo); ofrece ferramentas e claves de lectura para ser “mellor público”; ten formato de performance pedagóxica (está entre a conferencia e o espectáculo), e fai a función de mediación entre a danza e o público.
FICHA ARTÍSTICA
- Concepción do proxecto: BdDANSA (Beatriu Daniel e Toni Jodar).
- Guión e interpretación: Toni Jodar.
- Dramaturxia: Víctor Molina.
- Imaxe: Toni Roura.
- Fotografía: Anna Padrós.
- Duración: 1 hora.
- Público: adulto.
- Entrada: 3€ / 2€
Espectáculo XVI Primavera en Danza. Organiza: Concellería de Cultura. Rede Galega de Teatros e Auditorios.