Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Volve “Primavera enDanza” cun dos programas máis extensos e unha coidada selección dos mellores espectáculos nacionais

A venda de bonos e entradas comezará o día 9 a través de www.ticketea.com ou no teléfono 902 044 226

Xoves 5 de abril do 2018 Cultura

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o programa

Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron o programa

Sete espectáculos de sala, un obradoiro de danza contemporánea, encontros entre público e artistas, actuacións ao aire libre e unha oferta de actividades complementarias integran un dos programas máis extensos da Primavera enDanza, unha coidada selección dos mellores espectáculos nacionais que nos achegan á danza contemporánea. “É un dos escasísimos festivais de danza e o máis antigo de Galicia”, lembrou o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na presentación do cartel. De feito, Primavera enDanza cumpre 16 anos e permitiranos desfrutar de propostas únicas na nosa comunidade autónoma.

A primeira cita será o 13 de abril coa conferencia bailada de Toni Jodar, un espectáculo que a técnica de Cultura do Concello de Carballo, Carmen Castro, cualificou como “especial, novidoso e distinto”, porque se trata dunha actividade moi didáctica na que o famoso coreógrafo catalán vai expoñendo e interpretando diferentes danzas contemporáneas de todo o mundo, o que “permite que o público interesado saiba máis sobre a danza dunha maneira moi amena e peculiar”, engadiu Carmen Castro.

Xunto a Toni Jodar, polo escenario do Pazo da Cultura pasarán ao longo de todo este mes algunhas das mellores compañías do país. “É unha oportunidade única e un luxo para Carballo”, destacou Marcos Trigo. Ademais incidiu en que este tipo de propostas contribúen a rachar coa imaxe elitista que existe moitas veces arredor do mundo da danza, algo que tamén se consigue cos encontros entre espectadores/as e coreógrafos/as ou directores/as que se celebran ao remate de cada espectáculo.

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asegurou que Carballo é “una excepción” dentro do mapa galego pola aposta que fai ano tras ano, desde hai xa 16, pola danza. E, ao mesmo tempo, destacou que esta disciplina artística “xa forma parte da roda da cultura” que non deixa de xirar ao longo de todo o ano no noso concello.

Programa

O Concello de Carballo e a Concellería de Cultura, que contan coa colaboración da Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) e a Xunta de Galicia, apostan un ano máis por unha disciplina artística que, malia súa gran capacidade de creación e innovación e repercusión nas artes escénicas contemporáneas, conta con escasa presencia nos escenarios galegos.

En Carballo gozaremos este mes, ademais da conferencia bailada de Toni Jodar, co espectáculo de rúa Viaxes, de Lusco e Fusco (sábado 14), e os de auditorio Vuelos de Aracaladanza (domingo 15); Hollywood, de Andrea Quintana (venres 20); Toda a beleza do mundo, de María Move (sábado 21); Now, de Lasala (venres 27); Si pudiera hablar de esto no haría esto, de Janet Novás (venres 28) e, a maiores, o 4 de maio teremos no Pazo da Cultura ao Centro Dramático Galego con Divinas Palabras Revolution. O programa, con todo luxo de detalle, podedes consultalo nas imaxes adxuntas.

Entradas e bonos

Unha das novidades deste ano é que a venda anticipada de bonos e entradas realizarase a través da billeteira electrónica www.ticketea.com, onde estarán dispoñibles uns e outras a partir do día 9, así coma no teléfono 902 044 226. Os bonos para todos os espectáculos de sala, incluído o teatral do 4 de maio, custan 21 euros (15 para posuidores/as de carné de estudante, maiores de 60 e menores de 12 anos). En canto ás entradas, para os espectáculos dos días 13, 21 e 28 custan 3€ (prezo reducido, 2€); para os dos días 20 de abril e 4 de maio, 4€ (3€), e para os dos días 15 e 27 de abril, 5€ (3,5€).

O día de cada función tamén poderán adquirirse entradas na billeteira do Pazo da Cultura desde 90 minutos antes do inicio. Ollo cos horarios, porque tamén hai novidades neste sentido: os venres empezarán ás 21.00 horas; os sábados, ás 20.30, e o familiar do domingo 15, ás 19.00 horas.

Descargas

Compartir: