Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

NADAL CULTURAL

A arte convértese en nexo de unión entre Carballo e Muxía a través da exposición colectiva “Miradas 6”

A mostra estará aberta do 22 de decembro ao 28 de xaneiro no 3º andar do Pazo da Cultura

Xoves 21 de decembro do 2017

Que a arte non entende de fronteiras sabémolo moi ben en Carballo, porque a obra dos/as nosos/as creadores/as hai xa moito tempo que viaxa por todo o mundo. Pero nos últimos tempos, ademais, a arte axúdanos a tender pontes cara outras vilas coas que doutro xeito probablemente sería moito máis difícil establecer una conexión. Temos un exemplo moi recente en Ribadeo e outro con máis historia en Muxía. Desde o ano 2011, a poetisa muxiá-carballesa Rosalía Fernández Rial conseguiu establecer ese vínculo artístico entre os dous lugares polos que comparte querenza e, ao mesmo tempo, establecer un intercambio de inquietudes, técnicas e relacións entre creadores e creadoras de ámbolos dous concellos. Así naceu Miradas, que desde aquela celébrase cada ano, alternativamente, en Carballo ou Muxía, e que chega xa á súa sexta edición.

Pintura, escultura, fotografía e gravado forman parte da exposición que será inaugurada o venres 22, ás 20.00 horas, no 3º andar do Pazo da Cultura, coa presenza do alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e os/as artistas participantes. Este ano son 23: Adriana Díaz, Antonio Fernández Martínez, Antonio Taracido, Chiña, Cristina Castro, Esther Chamoso, Francisco Javier Rodríguez, Isa Fernández, Lola Oviedo, Manuel Eirín, María Marticorena, Milagros Cotelo Rama, Mon Lendoiro, Nolo Suárez, O ‘Miguelo, Peter Kramer, Risé, Santi Picos, Teresa Búa, Teresa Candal, Viki Rivadulla, Xervaxio Sar Vilela e Xesús Búa.

A mostra, incluída na programación do Nadal Cultural, estará aberta ata o 28 de xaneiro, en horario de 17.00 a 21.00, todos os días da semana. No acto inaugural, ademais de coñecer o concepto e o estilo de cara un/ha dos/as artistas participantes, tamén haberá música, xa que está prevista a actuación de Las Antonias (na imaxe de portada).

Compartir: