Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Carballo é a sede dun dos sete proxectos artísticos cos que bota a andar o programa Residencias Paraíso

Os creadores escénicos Borja Fernández e Diego Anido comezaron a traballar esta semana no Pazo da Cultura con alumnado da Escola de Teatro Municipal

Xoves 9 de novembro do 2017

O programa Residencias Paraíso seleccionou sete proxectos de danza para a súa primeira edición, organizada polo Colectivo RPM co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de impulsar a investigación e a creación arredor das artes do movemento. Residencias Paraíso conta tamén coa colaboración dos concellos de Carballo, A Coruña, Lugo, Narón e Ourense, que ceden os espazos onde se desenvolven as estadías artísticas.

Un deses proxectos, O inevitable, é o dos creadores escénicos Borja Fernández e Diego Anido, que ocupan o Pazo de Cultura durante a súa residencia, do 6 ao 24 de novembro. Fernández e Anido decidiron involucrar a alumnos da Aula de Teatro Municipal carballesa nun taller exprés no que se ensaiarán dúas ou tres intervencións e no que se xogará con servizos dramáticos básicos como o ritmo, a respiración, o saber estar en escena ou a atención.

Borja Fernández e Diego Anido

Borja Fernández e Diego Anido

Tendo como referentes as disparatadas situacións habituais no explosivo subxénero de películas como Rambo ou O equipo A, O inevitable parte do concepto de “lobo solitario”, alguén que decide facer algo sen contar con ninguén: un tipo que ao que primeiro dálle por montar un invernadoiro e, anos despois e porque si, ao ver unha lata de refresco, embárcase, sempre sen axuda, na construción dunha catedral.

Creando sen ataduras a textos, de xeito moi libre, na procura de sensacións ou sinxelas accións, “O inevitable” traballará, en principio, con varias ideas principais. Non se trata presentar unha obra acabada, senón dun proceso antes de ensaios para saber que é o que os actores queren facer. Pero de todas estas ideas saíra unha obra que se representará no Pazo da Cultura ao remate da estadía.

Ligazóns

Compartir: