Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

ASEMBLEA XERAL DE ESCENA GALEGA

O sector das artes escénicas de Galicia reúnese no FIOT para buscar sinerxías

Programadores e organizadores de festivais e compañías teatrais analizan, nunha mesa de traballo inédita, futuras posibilidades de colaboración

Xoves 19 de outubro do 2017 Cultura

Carballo acolleu hoxe, baixo iniciativa do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), unha mesa de traballo inédita entre programadores e organizadores de festivais e compañías do sector para analizar posibilidades de colaboración e procura de sinerxías.

A reunión tivo lugar de 16 a 18 horas no Pazo da Cultura e nela abordaron a realización de residencias para que as compañías preparen os seus espectáculos, a participación en coproducións e en estreas, entre outros asuntos. Ademais, intercambiaron opinións sobre as súas experiencias, posibilidades de colaboración e asnovas vías para axudar á facer visibles os traballos de compañías emerxentes e xa consolidadas.

Neste caso, o FIOT ten accións moi concretas para facer visible a actividade das compañías, como é o caso do “Café con”, a Escola do Espectador e o Xograr de Outono. Tamén apoia a creación coas residencias de artistas, coproducións e o Certame do Microteatro que se puxo en marcha durante a actual edición.

Posta en común e asemblea xeral de Escena Galega

A asemblea xeral celebrouse pola mañá no salón de actos

A asemblea xeral celebrouse pola mañá no salón de actos

Neste primeira análise tiveron en conta as características de cada festival co obxectivo de adaptarse mellor ás súas necesidades. Sobre todo, a reunión foi un intercambio e posta en común de opcións para os axentes que forman parte das artes escénicas da comunidade.

O encontro contou coa participación de numerosas compañías teatrais galegas, que pola mañá (entre as 11.30 e 13.30 h) xa se reuniran no mesmo lugar con motivo da asemblea xeral de Escena Galega, a asociación de referencia das artes escénicas de Galicia, e que agrupa a 34 entidades, a maioría das que existen na nosa comunidade. A Asemblea celebrouse en Carballo no marco da XXVI edición do FIOT.

Compartir: