Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

As novas obras de Fran Perea e Nuria Espert, pratos fortes desta fin de semana no FIOT

O director emerxente galego Tito Asorey trae a Carballo “Resaca”, a nova e persoal proposta da compañía galega ilMarquinario Teatro.

Xoves 12 de outubro do 2017 Cultura

Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) chega a un dos momentos máis esperados desta XXVI edición, xa que os recoñecidos e populares actores Fran Perea e Nuria Espert subiranse ao escenario do Pazo da Cultura de Carballo para protagonizar as novas obras nas que participan.

Fran Perea e Fernando Soto en

Fran Perea e Fernando Soto en "El ciclista utópico" / Foto cedida pola compañía

Perea ponse ás ordes do director Yayo Cáceres no espectáculo El ciclista utópico” (venres 13 de outubro ás 21 h), unha producción de Feedgood Teatro, Emilia Yagüe Producciones e Teatro Calderón que se estrea por primeira vez en Galicia.

O texto, Premio de Literatura Dramática Fundación Teatro Calderón, é unha comedia mordaz e descarnada sobre amizade, manipulación ou desexos ocultos que escruta o revirado labirinto das relacións humanas. Os actores Fran Perea e Fernando Soto conversarán cos espectadores antes da función, ás 19 h, no famoso formato “Café con...”.

O sábado 14 de outubro (20.30 h), a compañía galega ilMaquinario Teatro trae a Carballo a súa nova e persoal proposta, Resaca, unha obra sobre a resaca da existencia, pero que ao mesmo tempo é unha celebración da vida e da amizade.

ilMaquinario Teatro é unha compañía que en tan só cinco anos foi recoñecida con cinco premios María Casares e candidata aos Premios Max, consolidándose como unha das de maior proxección nacional. En “Resaca” contan coa dirección do emerxente director galego Tito Asorey, quen conversará ás 18.30 h do mesmo día da función cos espectadores.

Unha sobrecolledora historia

O reparto de

O reparto de "Incendios" con Nuria Espert no centro / Foto cedida pola compañía

En “Incendios” (domingo 15 de outubro ás 20 h), o seu director Mario Gas reúne a un reparto de luxo que está encabezado pola Premio Princesa de Asturias Nuria Espert. Trátase da estrea en castelán desta obra clave do século XXI, que pertence a un dos máis relevantes dramaturgos contemporáneos, Wajdi Mouawad e que tamén tivo unha gran repercusión no cine.

É unha sobrecolledora historia épica imprescindible para os amantes do teatro, convertida nunha das grandes montaxes da tempada e que xa “incendiou” o corazón do público de numerosos países.

Certame de microteatro

Tamén continúan os espectáculos do Certame de Microteatro, coa representación, a partir das 18.30 h do sábado 14, nos aseos do Pazo da Cultura de “Váter (comedia claustrofóbica)”, unha peza da compañía compostelana “Sal do teatro”, que condensa unha hilarante comedia en apenas 20 minutos.

sábado 14 ás 13 h, na cafetaría Valle Inclán, Camilo Franco volve levar a crítica ao escenario coa Escola do Espectador, na que a asistencia é libre, aínda que se recomenda previa inscrición no enderezo electrónico fiot.carballo@gmail.com.

Compartir: