Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Máis de 6.500 persoas asistiron aos espectáculos organizados pola Concellería de Cultura durante os meses de xullo e agosto

Carballo despediu un Verán Cultural que marca pautas pola cantidade, a variedade e a calidade dos espectáculos

A cifra duplícase se engadimos a altísima participación rexistrada este ano na Praza dos Libros

Mércores 30 de agosto do 2017 Cultura

O mago Dani García ofreceu o último espectáculo infantil do Verán Cultural

O mago Dani García ofreceu o último espectáculo infantil do Verán Cultural

O cine puxo fin onte pola noite ao Verán Cultural de Carballo, unha programación de referencia moito máis alá do noso concello e que marca tendencia en toda a contorna pola cantidade, a variedade e a calidade dos espectáculos. En menos de dous meses pasaron por Carballo artistas da talla de Capercaillie, María do Ceo, Roi Casal, Guadi Galego, Pablo Díaz, Budiño ou Mercedes Peón. Pero ademais de grandes estrelas da música galega e internacional tivemos circo, maxia, baile, cine, teatro, exposicións e literatura, unha chea de propostas que converteron a Praza do Concello no gran centro cultural da Costa da Morte e no punto de encontro de máis de 6.000 persoas, unha cifra que se duplica se engadimos a amplísima participación deste ano na Praza dos Libros.

No Festival de Música e Danza participaron as agrupacións locais, como San Campio (Foto: J. L. Castro)

No Festival de Música e Danza participaron as agrupacións locais, como San Campio (Foto: J. L. Castro)

O concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, destaca a boa resposta do público ás actividades programadas, que son un exemplo máis do dinamismo cultural da capital de Bergantiños. O Verán Cultural resultou redondo incluso polo tempo, que permitiu celebrar todos os espectáculos ao aire libre agás o concerto de Guadi Galego, aínda que, malia o cambio de escenario de última hora por mor da choiva, practicamente encheu o auditorio do Pazo da Cultura.

O Verán Cultural comezou e rematou con cine. Ao longo dos meses de xullo e agosto realizáronse 20 proxeccións en distintos espazos do casco urbano e tamén nas parroquias. A Praza dos Libros, que cambiou as datas de celebración para primeiros de xullo, foi tamén un éxito, con preto de 1.300 exemplares vendidos e unha altísima participación nas presentacións literarias e nas actividades paralelas programadas. Outro dos pratos fortes dos primeiros días do mes de xullo foi o Festifolk, coa actuación estelar de Capercaillie. Pero ademais dos grandes grupos, entre xullo e agosto pasaron por Carballo todos os grupos de música e baile tradicional do noso concello, varios da Costa da Morte e Xacarandaina, nunha nova aposta da Concellería de Cultura pola cultura propia da que gozaron, en total, máis de 12.000 persoas.

Compartir: