Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa, segunda da rede pública de Galicia en préstamos

Tamén é a segunda en número de usuarios/as activos/as, cun total de 1.789

Xoves 17 de agosto do 2017

Zona infantil da biblioteca Rego da Balsa

Zona infantil da biblioteca Rego da Balsa

A Biblioteca Municipal Rego da Balsa é a segunda das 165 que integran a Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia tanto en número de préstamos como de usuarios/as activos. A primeira é a de Narón, con 2.212 prestatarios/as e 22.687 documentos cedidos. Pero a Rego da Balsa non anda moi lonxe, xa que, segundo os datos correspondentes ao ano 2016, que vén de facilitar a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta, ten 1.789 usuarios/as activos/as e acada os 16.757 préstamos.

As cifras son un reflexo da intensa actividade que se rexistra ao longo de todo o ano na Biblioteca Municipal Rego da Balsa, na que ademais de libros, cómics, discos, videoxogos, xornais, revistas, películas... desenvólvense numerosas actividades de promoción cultural. No ano 2016 foron 129, de todo tipo e para todo tipo de públicos, desde os contacontos infantís que enchen o aforo en todas as sesións ata os concertos de pequeno formato do Curruncho Pop, pasando por obradoiros, exposicións, presentacións literarias ou concursos.

Biblioteca do Museo

Biblioteca do Museo

A Biblioteca Municipal do Museo, pola súa banda, rematou o 2016 con 492 usuarios/as activos/as e 3.765 préstamos realizados. Nesta dispoñemos da maior parte dos fondos bibliográficos, cun total de 32.588 exemplares fronte aos 15.422 que hai na Rego da Balsa, na que apostamos polas novas tecnoloxías como medio para conectar ao público coa cultura.

Todos estes datos reflicten os diferentes conceptos que teñen as nosas bibliotecas: unha máis clásica, cun impresionante fondo bibliográfico e un ambiente que convida á concentración e o estudo, e outra máis moderna, un fondo moito máis variado en canto a formatos e un ambiente máis lúdico.

Integración no catálogo colectivo da rede galega

Coa finalidade de seguir mellorando o servizo que prestan as bibliotecas á cidadanía, a Xunta de Goberno Local aprobou a finais de xullo a adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a integración das dúas bibliotecas no catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Deste xeito, o Concello de Carballo disporá dun programa de xestión que é único para toda a rede, facilitarase o acceso da cidadanía aos servizos de todas as bibliotecas públicas da rede, mellorará a visibilidade dos fondos e poderase consultar e reservar a través dunha páxina única, e ademais implantarase o carné único da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Compartir: