Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A capoeira e a orquestra Panorama enchen a Praza do Concello na primeira fin de semana do San Xoán máis longo da historia

O Torneo Internacional F7 Alevín e a III Xuntanza de coches clásicos completan o cartel

Venres 9 de xuño do 2017 Cultura

Esta fin de semana xa haberá actividade da mañá á noite na Praza do Concello, porque Meteogalicia anuncia bo tempo e ademais EMPEZA O SAN XOÁN! A primeira fin de semana de festas achéganos unha programación do más variada, na que teñen cabida a capoeira, a III Xuntanza de coches clásicos, a verbena e mesmo o fútbol, porque hoxe mesmo arranca nas Eiroas o XIII Torneo Internacional F7 Alevín Concello de Carballo.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, A Capoeira Bergantiños e Abadá Capoeira saen á rúa con todos os seus alumnos e alumnas, case medio centenar entre os que predominan os nenos e nenas. Vai ser unha semana intensa para eles, porque hoxe tocan ensaios e adestramentos para a gran exhibición que ofrecerán mañá sábado ás 20 horas na Praza do Concello, na que participarán, ademais dos alumnos e alumnas da zona, outro medio centenar de capoeiristas chegados de distintos puntos de Galicia e de España, e mesmo de países como Portugal, Brasil e Alemaña. 

Alejandro Pensado e África Alberti presentaron a actividade nun acto no que tamén participou o alcalde, Evencio Ferrero, que destacou a importancia deste tipo de actividades non só porque permiten visibilizar o intenso traballo das entidades locais, senón tamén porque no caso da capoeira convértese nun nexo de unión entre diferentes culturas. Alejandro Pensado, graduado Patas, convidou a todos os veciños e veciñas a asistir e gozar da exhibición do sábado ás 20 horas, e tamén do acto de clausura e troco de cordas que se celebrará o domingo pola mañá no Pazo da Cultura. Ademais agradeceu o apoio de Art Surf Camp, CEIP Xesús San Luis Romero e do propio Concello de Carballo.

Verbena

A xornada do sábado terá máis música, porque de novo a colaboración do Concello de Carballo cun grupo de hostaleiros e hostaleiras da vila permite organizar a primeira verbena do San Xoán. A partir das 22 horas, despois da exhibición de capoeira, soará a música de Dj Orenberg para ir creando ambiente de cara á gran actuación da noite: a verbena coa orquestra Panorama.

Este sábado 10 de xuño presentará na Praza do Concello o seu Dreams Tour 2017, unha viaxe por un mundo de fantasía que supón unha importante aposta da agrupación pontevedresa pola innovación técnica, a música de calidade e coreografías abraiantes. Trinta persoas traballarán na montaxe e no desenvolvemento do primeiro dos grandes espectáculos que encherán de animación as nosas festas. 

Compartir: