Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O alcalde e o concelleiro de Cultura entregan ao CRA Ponte da Pedra o seu premio da Semana do Libro e a Lectura

O mundo cheo de cor que presentaron as escolas acadaron o Premio ao Mellor Traballo, compartido co CEIP Xesús San Luís Romero

Xoves 1 de xuño do 2017

Hai uns días visitaron o CEIP Xesús San Luís Romero, e hoxe o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marco Trigo, achegáronse ata o CRA Ponte da Pedra para facerlle entrega do Premio ao Mellor Traballo da Semana do Libro e a Lectura. Foi tanta a calidade dos traballos desta edición que o xurado optou por galardoar a ámbolos centros. A entrega do agasallo, unha tablet e un lote de libros, tivo lugar na escola de Sísamo, que está igual de chea de cor que o mundo proposto polos nenos e nenas no seu orixinal traballo.

A Semana do Libro e a Lectura é unha iniciativa conxunta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e o Concello de Carballo, que permite a nenas e nenos gozar durante unha semana de obradoiros, exposicións, contos, maxia e, por suposto, literatura. Os centros achegan os seus traballos arredor do tema proposto, este ano “O mundo que queremos”, e polo feito de participar xa teñen como agasallo un lote de libros que recibirán nos vindeiros días.

Compartir: