Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O CRA Ponte da Pedra e o CEIP San Luís Romero, premiados polos seus traballos para a Semana do Libro e a Lectura

Evencio Ferrero animou aos cativos e cativas a ler, aprender e estudar moito no acto de clausura celebrado no Pazo da Cultura

Venres 28 de abril do 2017 Cultura

A directora do CEIP San Luís Romero recolleu o premio

A directora do CEIP San Luís Romero recolleu o premio

Tras cinco intensos, divertidos e proveitosos días de obradoiros, exposicións e tardes de contos e maxia, hoxe clausuramos a XII Semana do Libro e da Lectura, unha iniciativa da  Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e o Concello de Carballo. Fixémolo nun Pazo concorridísmo, nun acto no que participaron Carmen Vilariño, representante da ASPG, e o alcalde, Evencio Ferrero.

Vilariño agradeceu o esforzo do profesorado e do alumnado dos centros de ensino carballeses que participaron na Semana e fixeron posible montar cos seus traballos unha exposición tan chula como visitada. “Esta semana –dixo- pensámola para fomentar o amor pola lectura; aquí e nos colexios, coas actividades que vos propuxemos, pero tamén queremos animarvos a que fagades o mesmo nas vosas casas, que é onde primeiro os nenos teñen que aprender a querer os libros”.

O alcalde tamén entregou o premio ao CRA Ponte da Pedra

O alcalde tamén entregou o premio ao CRA Ponte da Pedra

“Tedes que ler moito”, convidou o alcalde aos cativos, “nos libros están as cousas máis bonitas que podedes aprender. Lede moito, aprendede moito e estudade moito, e facede caso do que vos digan na casa para ser máis listos e, sobre todo, para ser mellores compañeiros”.

Houbo tanta calidade nas obras que presentaron os colexios, que todos levarán ás súas bibliotecas un lote de libros como merecido agasallo. O concurso estivo moi igualado, polo que o xurado decidiu que compartisen o Premio ao Mellor Traballo o CEIP San Luís Romero e o CRA Ponte da Pedra.

Compartir: