Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

As webseries galegas agroman no IV Festival Carballo Interplay

Todas as actividades que terán lugar dende o xoves 4 de maio ata o sábado 6 serán de acceso libre e gratuíto ata completar aforo

Martes 25 de abril do 2017 Cultura

O premio do Carballo Interplay ao mellor proxecto de webserie en galego, dotado con 1.500 euros para a gravación dos primeiros tres capítulos, convirte o festival nun verxel no que agroman webseries galegas. Tres comedias e un drama compiten este ano polo galardón que na pasada edición conquistaron os Porco Bravú con Peter Brandon, unha comedia con tintes dramáticos que se estreará o venres 5 de maio, ás 22h30, o Auditorio do Pazo da Cultura de Carballo. Todas as actividades do Carballo Interplay son de acceso libre e gratuíto ata completar aforo.

Pedro Brandariz, no CIP 2016

Pedro Brandariz, no CIP 2016

Peter Brandon é un falso documental que amosa a vida do popular cómico Pedro Brandariz fóra dos escenarios e, no camiño, satiriza o sector audiovisual galego coa complicidade de caras coñecidas como Xosé Antonio Touriñán, Evaristo Calvo, María Tasende, David Amor ou Isabel Risco, entre moitos outros. Con claras referencias ás series de Louis CK ou Ricky Gervais e cun ton pouco habitual no noso audiovisual, Peter Brandon está asinada polos gañadores do Mestre Mateo á mellor webserie nas edicións De 2015 e 2016, os Porco Bravú: Jorge Boquete (director), Javi Lopa (productor), Óscar Cruz (guionista), Dani Graña (director de fotografía) e Diego Bouzón (xefe de sonido). 

Un día antes, o xoves 4 ás 19h00, catro proxectos de webserie competirán nun pitching público polo beneplácito dun xurado composto por Mafalda González-Alegre, de Flooxer; David Sainz, da produtora Diffferent Entertanment; Xosé Regueira, concelleiro de Promoción Económica de Carballo; e Sonia Méndez, directora do Carballo Interplay. Trátase do drama existencialista Albedrío, creado por J.S. Raimundi e Álex Vázquez e protagonizado por Melania Cruz e Tito Asorey; da comedia de situación Efectos Secundarios, creada e protagonizada por Pablo Cobos e Paula Ballesteros-Arias; da comedia con pequenas tinturas dramáticas Hai vida en Bran, creada e protagonizada por Ángela Andrada, que se acompaña por un nutrido grupo de personaxes que rompen estereotipos; e máis da comedia fantástica Megamadriñas, que mestura o mellor da épica dos superheroes co máis enxebre do rural galego, baixo a batuta de Antón Coucheiro, Paulo Rubal e Joseba Muruzábal.

O premio ao mellor proxecto de webserie en lingua galega naceu no 2016 como unha aposta do Carballo Interplay polo apoio á produción de novos contidos para Internet.

Compartir: