Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

SAN XOÁN 2017

O Rockin’ Carballo terá este ano dous escenarios polos que pasarán oito grupos ao longo da xornada do 1 de xullo

Lagartija Nick, Atom Rhumba, Bala, Familia Caamagno, Bento Veloso & Los Doce Trinches, Paul Collins e os carballeses Psychofonía e Chico Azul integran o cartel máis amplo da historia do festival

Luns 24 de abril do 2017

Este ano o Rockin’ converterá Carballo na capital galega do rock. Tras o paso de bandas como The Trashmen, Chesterfield Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Sex Museum ou Los Coronas, este ano tiramos a casa pola ventá co cartel máis amplo da historia do festival e con auténticos primeiras filas do panorama musical alternativo estatal e mesmo internacional. Paul Collins, que está máis activo que nunca e do que poderemos gozar en Carballo en formato acústico, encabeza un cartel que parece pensado para que non teñamos que escoller, e que poidamos gozar da mellor música alternativa do momento.

Serán oito grupos e dous escenarios, porque este ano, por primeira vez, o Rockin’ incluirá sesión vermú nas inmediacións da Praza do Concello. A este primeiro escenario subirá Paul Collins para convidarnos a celebrar o rock&roll no seu estado máis puro, con boas cancións e unha alta dose de paixón. Xunto ao neoiorquino tocarán, a partir das 13 horas, os carballeses Chico Azul, grupo de rock psicodélico de recente creación, e Phychofonía, o novo proxecto de Suso Serrano e Nacho Ferreño con Nanny Mouro e Álvaro Souto.

No escenario habitual, baixo a carpa do Rego da Balsa, a música empezará a soar ás 19.30 horas. Será un sábado repleto de rock, da mañá á noite. E neste segundo pase contaremos con Bento Veloso & Los Doce Trinches, Familia Caamagno, Bala, Atom Rhumba e Lagartija Nick, cinco nomes do rock máis actual que reforzan o Rockin’ como escenario dos grandes grupos do momento máis alá das canles comerciais.

Compartir: