Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O Concello de Carballo subvenciona con case 15.000 euros as actividades organizadas polas ANPA e as viaxes escolares

As bases das convocatorias correspondentes foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia e proximamente abrirá o prazo de solicitude

Xoves 20 de abril do 2017 Cultura

O Concello de Carballo subvenciona con case 15.000 euros as actividades extraescolares. Por unha banda colabora coas ANPA no financiamento dos seus programas anuais e por outra apoia aos centros escolares na organización de viaxes de carácter cultural. Hoxe foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases correspondentes a ámbalas dúas convocatorias, e proximamente abrirá o prazo de solicitude.

Coa finalidade de colaborar coas asociacións de pais e nais, que representan os intereses dun sector moi importante da comunidade educativa, complementan as actividades académicas e realizan un importante labor de dinamización cultural dos centros educativos, o Concello de Carballo abre unha liña de subvencións para os programas desenvolvidos entre xaneiro e outubro deste ano. Para cada ANPA establécese unha axuda de 700 €, ata un máximo de 8.400 para o total das entidades. Nesta convocatoria poden participar as asociacións do municipio e tamén a do CEIP Canosa-Rus, xa que un 80% do alumnado é carballés.

Os centros educativos, pola súa banda, poden optar a subvencións que oscilan entre 300 e 660 euros en función do número de alumnos/as, e ata un máximo de 6.340. Neste caso trátase de apoiar a realización de actividades de carácter formativo fóra do medio propiamente escolar, complementando as actividades académicas e ofrecéndolles aos alumnos/as a posibilidade de coñecer novos lugares e recursos.

Descargas

Compartir: