Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

O “Soño dunha noite de verán” introduciranos nunha fin de semana apaixonante para os afeccionados á escena

Os Venres Culturais traerannos a obra de Shakespeare a Carballo o día 24, e un espectáculo familiar a medio camiño entre o teatro e o circo o domingo 26

Luns 20 de marzo do 2017

Cartel de

Cartel de "Soño dunha noite de verán"

Despois dunha fin de semana apaixonante para os afeccionados á música chega outra que fará vibrar aos amantes da escena. Os Venres Culturais regresan cunha proposta dobre do máis alto nivel, que traerá a Carballo o “Soño dunha noite de verán” de Shakespeare revisado pola compañía Voadora, e o espectáculo de circo-teatro “Móbil”, unha proposta divertida de La Güasa para toda a familia.

Dentro da súa liña de interpretación de textos clásicos dende unha perspectiva contemporánea, Voadora aborda o “Soño dunha noite de verán” de William Shakespeare dende unha perspectiva nova, que xurde do traballo conxunto dun equipo de creadores para o teatro, a danza, o cine e as artes visuais. Á cabeza destaca o tándem formado pola directora galega Marta Pazos, directora artística de Voadora, e o chileno Marco Layera, enfant terrible do teatro latinoamericano e que, xunto coa súa compañía La Resentida, vén de estrear nos máis prestixiosos escenarios do mundo, e que nesta ocasión será o responsable da adaptación dramatúrxica. A transformación, o deseo sexual e o culto á estética son algúnos dos temas sobre os que reflexiona este texto universal e que mantén plena actualidade na sociedade contemporánea.

A compañía Voadora nace no ano 2007 en Santiago de Compostela, pero cun espírito nómada que a leva a desenvolver os seus proxectos e residencias artísticas entre España e Portugal. Nestes 10 anos produciu outros tantos espectáculos, e no 2013 acadou o Premio de Crítica de Galicia na modalidade de artes escénicas e audiovisuais.

Espectáculo familiar de La Güasa

Pero se o venres (Pazo da Cultura, 21 horas) gozaremos dun clásico en gran formato, o domingo (Pazo da Cultura, 18 horas) asistiremos a un premiado espectáculo de circo-teatro para familias con nenas e nenos de seis anos en diante.

La Güasa desembarca en Carballo con “Móbil”, unha visión imaxinativa de como conseguir as cousas, utilizando o ritmo, a expresividade, os xogos malabares, os mecanismos e o movemento como punto de partida.  En “Móbil” atoparemos materiais reciclados nun 90%, coma rodas de bicicleta funcionando a modo de polea, un listón de cama facendo de catapulta ou coadores de cociña reconvertidos en cestiñas de pelotas. A escenografía sorprenderavos.

Compartir: