Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

VENRES CULTURAIS | CURRUNCHO POP

Peter Bruntnell e Víctor Coyote, dous artistas de culto para unha fin de semana moi musical en Carballo

O británico actuará o venres no Pazo da Cultura e o galego tocará ao día seguinte na Biblioteca Rego da Balsa

Mércores 15 de marzo do 2017

Esta fin de semana teremos música de autor por partida dobre en Carballo. Dentro dos Venres Culturais, o día 17 chega ao Pazo da Cultura Peter Bruntnell, un artista de culto dentro e fóra de Gran Bretaña. E ao día seguinte, no Curruncho Pop da Biblioteca Rego da Balsa soará outro compositor de referencia, o galego Víctor Coyote.

Peter Bruntnell (inglés nacido en Nova Zelanda, con máis de 20 anos de carreira), é un dos compositores máis consistentes da escena británica actual, un fóra de serie indiscutible: o “epítome dun cantautor de segunda fila pero coa calidade de primeira categoría”, di a crítica. Sempre afastado dos focos. O mesmo publica en selos pequenos, que se autoedita, pero as súas cancións son sensibles, perfectamente melódicas: medran na sombra para artellar unha obra que é a beleza do sinxelo: pop-folk-rock perfectamente rematado. “Un Ryan Adams afastado da tristeza, un Luther Russell o un Neal Casal”, din. Sen inocencia: o mesmo turra contra Donald Trump que contra o primeiro ministro de Escocia, Alex Salmond.

No auditorio do Pazo da Cultura (21.00 horas) soará principalmente Nos Da Comrade (2016), un álbum luminoso que sucede a outros traballo espléndidos: Normal for Bridgwater o Ghost in a Spitfire. E escoitalo será un luxo case de balde: 3 € prezo ordinario e 2€ para os colectivos con desconto.

A traxectoria musical de Víctor Coyote vai para corenta anos. Empezou nos 80 (a leria da "Movida madrileña" e tal) e con Los Coyotes inaugurou a escena punkabilly da época antes de, tres años despois, estragar esa reputación a base e ritmos latinos e teorías panamericanistas mestizas, bailables e memorables (100 guitarras, Señales del destino, Fiesta salvaje, Esta noche me voy a bailar): un ideario musical aderezado de "horterismo con clase" e de "compromiso político-turístico".

Los Coyotes separáronse en 1991 e Víctor comezou uhna carreira en solitario caracterizada polo que xa defendera no grupo: “A incoherencia musical máis coherente; isto é, intentar non aburrir ao público, intentar á vez que este o siga nos seus movementos e intereses musicais e, sobre todo, practicar a fe na música popular antiga e moderna”. Na súa música caben funk, Brasil Nordestino, experimentos electrorock con contrabaixo, powerpop, un disco intimista e dramático, glam-folk... o mesmo ten, porque de aí saen marabillas: Joven de cuello vuelto, Como si lo mereciera ou Hay vida en la tierra.  

A entrada ao Curruncho Pop é de balde, e ademais os concertos comezan ás 20.30 para que poidades desfrutalos en familia, pero debido ás limitacións do aforo recomendamos reservar butaca no teléfono 981 758 580, no correo electrónico biblioteca@carballo.gal ou na propia biblioteca.

Compartir: