Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Catro creadoras ofrecen a súa versión artística sobre a muller nunha exposición na Biblioteca Rego da Balsa

As obras de Alejandra Martínez, Laura Tova, Lara Pintos e Julia Aguiar enriquecen a programación das “Xornadas Guerrilleiras” arredor do 8 de marzo

Mércores 8 de marzo do 2017 Cultura

O concelleiro Marcos Trigo, con Julia Aguiar e Alejandra Martinez

O concelleiro Marcos Trigo, con Julia Aguiar e Alejandra Martinez

No mundo da arte tamén existe discriminación por cuestión de xenero. “Na miña profesión, a ilustración, as mulleres cobramos un 42% menos ca os homes”, sinala Laura Tova. A ilustradora carballesa é unha das catro creadoras que amosan a súa particular versión artística sobre a muller nunha exposición inaugurada hoxe polo concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, na Biblioteca Rego da Balsa. Xunto ás obras creadas por Laura Tova especificamente para esta mostra tamén atopamos traballos doutra carballesa, Alejandra Martínez, e de dúas artistas convidadas, Julia Aguiar e Lara Pintos, que non puido achegarse hoxe ata Carballo.

“Gústame moito o traballo, porque ademais as nosas obras encaixan bastante”,  comentou Julia Aguiar, que participa con tres cadros, entre eles o seu último autorretrato, na exposición. Aínda que se complementan, as propostas artísticas que poden visitarse ata fin de mes no primeiro andar da Biblioteca Rego da Balsa son tan diferentes coma as propias mulleres. “Quixemos que participasen mulleres de Carballo e de fóra para ofrecer distintas visións”, explicou Alejandra Martínez, que coincide coas súas compañeiras de exposición en que tamén no mundo da arte existe discriminación. Por iso consideran que as reivindicacións do 8 de marzo deben estenderse ao resto do ano e fan un chamamento aos homes para que se impliquen tamén na igualdade de xénero.

Lara Pintos apostou por retratos en pequeno formato

Lara Pintos apostou por retratos en pequeno formato

A exposición colectiva “A muller a través da arte” forma parte da programación das Xornadas Guerrilleiras, organizadas polas concellarías de Cultura e Igualdade arredor do Día Internacional da Muller.  As actividades continúan hoxe ás 19.30 co “Faladoiro das guerrilleiras” e a vindeira semana coa elaboración dun mural feminino que dirixirá Alejandra Martínez. As interesadas poden inscribirse na propia biblioteca.

Compartir: