Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

A Concellería de Cultura complementa o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cun curso sobre a arte da fotografía

O prazo de inscrición estará aberto do 20 de febreiro ao 3 de marzo. Hai 30 prazas e o curso é de balde

Venres 17 de febreiro do 2017 Cultura

O Concello de Carballo non só quere impulsar o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís cun considerable incremento do importe total dos premios ou coa implicación da Fundación Luis Calvo Sanz, que se estea este ano como patrocinadora; senón tamén a través da organización doutras actividades vinculadas á arte fotográfica. Deste xeito, dende a Concellería de Cultura estase a traballar nun interesante curso para afeccionados á fotografía e ás artes plásticas en xeral titulado “Aproximación á fotografía como linguaxe e forma de expresión artística, e introdución á creación fotográfica”.

O curso será impartido por Ángel Cordero Gómez, profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña, que abordará as achegas da fotografía á arte visual, fará cos participantes un percorrido polas posibilidades da creación fotográfica, tratará sobre a composición e a percepción da imaxe fotográfica, sobre os grandes temas da fotografía e os seus autores, sobre a evolución da técnica, o tratamento e o estilo ao longo da historia da fotografía e, por último, fará unha introdución ás correntes fotográficas. Será, polo tanto, un curso moi completo, que se impartirá en cinco sesións, dende o 9 de marzo ata o 6 de abril, todos os xoves de 20.30 a 22.00 horas no Pazo da Cultura.

O prazo de inscrición está aberto do 20 de febreiro ao 3 de marzo

Os impresos de solicitude poden recollerse tamén no Pazo da Cultura ou descargarse ao final desta nova, e deben entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Carballo, preferentemente no situado nas oficinas de Cultura, entre o luns 20 de febreiro e o venres 3 de marzo. Hai 30 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición, e terán preferencia os/as participantes en calquera das últimas cinco edicións do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís.

Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

O curso comezará o 9 de marzo, un día despois do peche do prazo para participar no Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, que é cada vez máis unha cita de referencia para afeccionados e profesionais a nivel autonómico e estatal. Este ano a principal novidade é o incremento do importe total dos premios ata 3.050 euros, de xeito que o primeiro está dotado con 1.500 euros e diploma, e o segundo, patrocinado por primeira vez pola Fundación Luis Calvo Sanz, con 750 euros e diploma. O Premio Especial Carballo, para a mellor imaxe relacionada co noso concello, ten unha dotación de 500 euros. Ademais, o xurado poderá conceder accésits por un importe de 300 euros. As bases íntegras desta 19ª edición están dispoñibles no documento adxunto.

O Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís mantén vivo o recordo do que foi animador cultural no Concello de Carballo a través dunha das súas afeccións, ao tempo que contribúe a divulgar a fotografía e a creación artística como un dos elementos singulares que cada vez máis identifican o noso municipio.

Descargas

Compartir: