Cultura

Cultura

- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
culturacarballo@carballo.gal

Ver localización

Pazo da Cultura

  • Rúa do Pan, s/n. 15100 - Carballo
  • Email
  • T.  981 704 300
  • F.  981 704 302

Horario:

  • Mañás: de 10.00 a 14.00 horas.
  • Tardes:de 16.00 a 21.00 horas. 
* No caso de haber clases do Conservatorio o peche será ás 22.00 horas.

No verán o horario é igual polas mañás, mentres que polas tardes é de 17.00 a 21.00 horas

Pazo da Cultura

O Pazo da Cultura sitúase xunto a unha das maiores zonas verdes do núcleo de Carballo, o Parque do Anllóns. O recinto foi construído no ano 2002 baixo proxecto do arquitecto Luís Collarte Rodríguez e ao abeiro dunha Escola Taller do Centro de Formación. Moderno e funcional, o Pazo da Cultura conta con salas de diferentes capacidades adaptadas para a celebración de xuntanzas, congresos e cursos e múltiples actividades culturais.

Así mesmo, o Concello ofrécelle a posibilidade ás entidades sen ánimo de lucro do municipio de usar de forma puntual tanto o auditorio como as aulas formativas do Pazo para o desenvolvemento das súas actividades. Os interesados e interesadas poden descargar máis abaixo os impresos de solicitude.

Características:

  • Auditorio - anfiteatro de 350 prazas (andar -1)
  • Salón de actos con capacidade para 150 persoas (2º andar)
  • Dúas salas de exposicións (andar -1 e andar 3)
  • Sede das Oficinas de Cultura do Concello de Carballo (1º andar)
  • Conservatorio Profesional de Música
  • Sección da Escola Oficial de Idiomas da Coruña
  • Aula de Teatro Municipal
  • Sala de lectura (andar 0)
  • Sala de TV (andar 0)
  • Salón social (andar 0)
  • Cafetaría con prato do día (andar 0)

Descargas

Compartir: